• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Miércoles, 17 de Junio de 2026

Actualizada Martes, 16 de Junio de 2026 a las 23:18:04 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • El Pazo de Mos acoge la fiesta final del club de lectura inclusivo

      El Pazo de Mos acoge la fiesta final del club de lectura inclusivo

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas aporta 500 kilos de alimentos para una campaña solidaria

      Ponteareas aporta 500 kilos de alimentos para una campaña solidaria

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • La bandera de la democracia ondea ya en las escuelas de la Eurociudad

      La bandera de la democracia ondea ya en las escuelas de la Eurociudad

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Nigrán refuerza con más drones el dispositivo de seguridad para San Xoán

      Nigrán refuerza con más drones el dispositivo de seguridad para San Xoán

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Los loteros se movilizan ante la negativa de Selae a revisar su modelo económico

      Los loteros se movilizan ante la negativa de Selae a revisar su modelo económico

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21
Viernes, 23 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
VIGO

Novas analíticas confirman deficiencias na cloración na rede de auga en Vigo

No marco do programa de vixilancia, Sanidade notificou ao Concello e a empresa municipal do servizo da auga ata 41 incumprimentos desde o mes de xaneiro.

[Img #39959]

 

As últimas analíticas realizadas polos técnicos do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Consellería de Sanidade confirman que persisten os episodios de ausencia de cloro residual na auga en varios puntos da rede municipal de distribución, con novas zonas que ou ben marcan valores de 0 miligramos por litro ou superiores a 1 miligramo por litro, parámetro de referencia que a lei marca como o máximo permitido.  

 

Así o confirmou onte en rolda de prensa o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quen compareceu acompañado pola xefa provincial de Sanidade, Ángeles Feijóo, e a xefa do servizo de Control de Riscos Ambientais, Natalia Botana. Neste senso chamou a atención sobre unha situación que se mantén no tempo e que require da concesionaria municipal encargada do abastecemento, dixo, “corrixir de forma inmediata”.


 
Desde o pasado mes de xaneiro, a Consellería de Sanidade, no marco do programa de vixilancia sanitaria, notificou ao Concello de Vigo e a empresa municipal encargada do servizo na cidade a detección de ata 41 analíticas con medicións fóra dos parámetros establecidos. Neste mesmo período, a concesionaria municipal encargada da distribución da auga confirmou 35 incumprimentos dos valores.  

 

75 mostras e 10 zonas afectadas
Segundo dixo o representante do Goberno galego, atendendo unicamente aos últimos tres meses, un total de 75 mostras, recollidas polos farmacéuticos de Saúde Pública e técnicos da empresa encargada do servizo municipal, marcan valores de 0 miligramos por litro de cloro ou superiores a 1 migramos por litro e, en consecuencia, a auga non ofrece garantía sanitaria.

 

 

 

 

Varias das mostras recollidas  polos técnicos marcan valores de 0 mg/l de cloro ou superiores a 1 mg/l e, en consecuencia, a auga non ofrece garantía sanitaria

 

 

 

 

Cómpre sinalar que é fundamental manter nas redes de distribución pequenas cantidades de cloro libre residual, desde as potabilizadoras ata as acometidas dos consumidores, co obxectivo de garantir a correcta desinfección da auga. A normativa, aplicable a todas as redes de abastecemento, en materia de criterios sanitarios da calidade de auga de consumo humano, recolle un valor máximo de 1 miligramo por litro. Neste senso, a recomendación é que existan niveis de concentración mínimos de 0,2 miligramos por litro e máximos de 1 miligramos por litro.  

 

As consecuencias no caso do cloro cero son que de producirse unha contaminación bacteriana da auga non habería desinfectante residual para eliminala, e no caso de superar os límites prefixados de cloro residual na rede o risco de formación de trihalometanos é alto.  

 

Os primeiros episodios detectáronse o pasado mes de decembro e, desde entón e segundo as últimas mostraxes tomadas tanto polos técnicos de Sanidade como polos de la empresa do servizo municipal de auga, a situación mantéense. En canto as zonas afectadas, López-Chaves citou Teis, Coruxo, Oia, Illa de Toralla, O Calvario, Sárdoma, As Travesas, Valadares e O Casal, con incumprimentos reiterados que, no que  lle compete a Sanidade, foron comunicados consecuentemente ao Concello de Vigo e a empresa concesionaria do servizo municipal.
 
Sanidade observa así resultados dos que haberá que estar especialmente pendentes, tal e como subliñou a xefa territorial de Sanidade. De modo que, indicou, a Consellería manterá activos os seus controis, malia que a competencia neste eido sexa dos concellos. Así, lembrou que son os concellos os que deben garantir que a auga subministrada aos consumidores a través de calquera rede de distribución sexa apta para o consumo e informar consecuentemente á autoridade sanitaria de calquera anomalía que detecte a concesionaria encargada do servizo municipal.

 

Expediente sancionador
Preguntado ao respecto da apertura dun expediente sancionador ao Concello de Vigo como responsable do servizo de abastecemento de auga de consumo humano, tras detectar reiteradas deficiencias nos controis realizados polo Laboratorio Municipal na billa do consumidor e incumprimentos na calidade da auga que non foron comunicados á autoridade sanitaria, López-Chaves confirmou que está en período de alegacións.

 

 

 

 

A recomendación é que existan como mínimo niveis de 0,2 mg/l en todos os puntos da rede de distribución, cunha concentración máxima de 1 mg/l 

 

 

 

 

“O instrutor está nestes momentos analizando as alegacións presentadas polo Goberno local e haberá que esperar a súas conclusións”, apuntou. En canto as argumentacións esgrimidas polo Concello, López-Chaves salientou que nelas o propio Concello recoñece que non enviou nin fixo comunicación algunha sobre os incumprimentos detectados polos técnicos do Laboratorio Municipal. “As razóns que esgrimen emendan a plana ao propio alcalde vigués, que publicamente confirmou que enviara máis de 1.000 analíticas a Xunta”, insistiu.

 

En canto a que a auga é potable, como reitera o rexedor nas súas intervencións, o representante do Goberno galego recorreu á ironía: “Que a auga sexa potable non é ningún mérito, senón máis ben unha obriga, o que ten é que ser de calidade”.   

 

Noticia anterior:
As escaleiras mecánicas de II República xa unen a Porta do Sol co Campo de Granada de Vigo
Noticia siguiente:
O novo sistema de acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas entrou hoxe en funcionamiento
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.145

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Los loteros se movilizan ante la negativa de Selae a revisar su modelo económico

Los loteros se movilizan ante la negativa de Selae a revisar su modelo económico

Por el precio de una entrada para la final del Mundial se podrían comprar hasta 14 viviendas en Lugo

Por el precio de una entrada para la final del Mundial se podrían comprar hasta 14 viviendas en Lugo

Siete de cada diez gallegos se sienten atraídos por ser piloto, pero la mayoría desconoce la vía universitaria

Siete de cada diez gallegos se sienten atraídos por ser piloto, pero la mayoría desconoce la vía universitaria

Un nuevo método estadístico desvela patrones genéticos ocultos en ocho trastornos mentales

Un nuevo método estadístico desvela patrones genéticos ocultos en ocho trastornos mentales

Opinión

La reduflación: el arte de engañar sin mentir

Cuando la estética pesa más que el sentido común

Se o galego morre no rural, non o resuscitará o urbanita

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Tres años y medio de cárcel a un lotero por quedarse con un boleto de la Primitiva de 4,7 millones

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Detenido por pintadas en la iglesia de Cambados que aludían a la Guardia Civil y a la UCO

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Un juzgado de Santiago anula un crédito revolving de Cofidis

Hallan sin vida a una persona de avanzada edad en una piscina en Chapela

Hallan sin vida a una persona de avanzada edad en una piscina en Chapela

Agenda

Junio 2026
LunMarMieJueVieSabDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Galicia

Susana Pérez Iglesias toma posesión como Secretaria Xeral de Emprego

Susana Pérez Iglesias toma posesión como Secretaria Xeral de Emprego

La Xunta aumenta los recursos para víctimas de violencia de género con una nueva casa de acogida

La Xunta aumenta los recursos para víctimas de violencia de género con una nueva casa de acogida

Provincia

El BNG reclama a la Deputación la exención del IBI a las comunidades de montes

El BNG reclama a la Deputación la exención del IBI a las comunidades de montes

La Deputación celebra el Día Europeo de la Música con un espectáculo folclórico en el Pazo provincial

La Deputación celebra el Día Europeo de la Música con un espectáculo folclórico en el Pazo provincial

Deportes

'Padexa con nós' suma 12 nuevos voluntarios en Lugo y encara la formación superior en Pontevedra

'Padexa con nós' suma 12 nuevos voluntarios en Lugo y encara la formación superior en Pontevedra

Carlos Arévalo lidera una gran actuación gallega en el Europeo de Sprint y Paracanoe

Carlos Arévalo lidera una gran actuación gallega en el Europeo de Sprint y Paracanoe

Vinte dornas compiten en Portonovo na primeira regata da Copa Mörling

Vinte dornas compiten en Portonovo na primeira regata da Copa Mörling

Motor

Audi lanza el Nuvolari: su primer híbrido de altas prestaciones con 1.001 CV

Audi lanza el Nuvolari: su primer híbrido de altas prestaciones con 1.001 CV

Salud

El estrés impacta más en la salud bucodental de mujeres, jóvenes adultos y habitantes de grandes ciudades

El estrés impacta más en la salud bucodental de mujeres, jóvenes adultos y habitantes de grandes ciudades

El calor extremo puede afectar al rendimiento cognitivo incluso sin golpes de calor, según recientes investigaciones

El calor extremo puede afectar al rendimiento cognitivo incluso sin golpes de calor, según recientes investigaciones

Las alergias alimentarias crecen sin freno y podrían afectar al 50% de la población en 2050

Las alergias alimentarias crecen sin freno y podrían afectar al 50% de la población en 2050

Turismo

La Xunta asesora a empresarios hoteleros de Argentina y Perú en turismo termal

La Xunta asesora a empresarios hoteleros de Argentina y Perú en turismo termal

Hogar

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

La aerotermia ya no es cara: deducciones y ayudas reducen la inversión más de un 80%

La crisis en Irán dispara el precio de la energía y reaviva el interés por el autoconsumo

La crisis en Irán dispara el precio de la energía y reaviva el interés por el autoconsumo

El precio medio de la vivienda hipotecada en España sube un 6,5% en 2025 y la obra nueva sigue en mínimos

El precio medio de la vivienda hipotecada en España sube un 6,5% en 2025 y la obra nueva sigue en mínimos

Seguridad | Protección Civil

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

El Kit de Emergencia de 72 Horas: Europa se prepara ante una catástrofe

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

As escaleiras mecánicas de II República xa unen a Porta do Sol co Campo de Granada de Vigo

O novo sistema de acceso ao Parque Nacional de Illas Atlánticas entrou hoxe en funcionamiento

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder