GALICIA
Case o 98% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido
Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.322 solicitudes para ese curso, polo que a oferta de prazas da Consellería supera amplamente a demanda.
O 97,67% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2018/19 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.322 solicitudes para ese curso, 1001 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 27.502. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,33 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.
Sete cidades
No referido ás principais cidades os datos, que se reflicten no seguinte cadro, son moi similares aos da media das 4 provincias galegas:
Concello
Solicitudes recibidas
Escolarizados en 1ª opción
A Coruña
1824
1759 (96,44 %)
Santiago
880
845 (96,02 %)
Ferrol
421
404 (95,96%)
Lugo
742
726 (97,84 %)
Ourense
871
851 (97,70 %)
Pontevedra
738
700 (94,85 %)
Vigo
1946
1914 (98,36 %)
Cómpre sinalar, ademais, que a caída da natalidade nos últimos anos en Galicia está a redundar nunha menor entrada de rapaces no sistema educativo cada ano. Non en balde, desde 2008 -ano ata o que os nacementos se foron incrementando- o número de nados vai diminuíndo: desde os 23.175 dese 2008 ata os 19.062 do 2016 (últimos datos do Instituto Galego de Estatística).
O 97,67% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2018/19 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.322 solicitudes para ese curso, 1001 menos ca no anterior; polo que resulta suficiente a ampla oferta de prazas deste curso de infantil que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición das familias galegas, un total de 27.502. Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,33 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas pola comisión de escolarización de cada zona, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.
Sete cidades
No referido ás principais cidades os datos, que se reflicten no seguinte cadro, son moi similares aos da media das 4 provincias galegas:
|
Concello |
Solicitudes recibidas |
Escolarizados en 1ª opción
|
|
A Coruña |
1824 |
1759 (96,44 %) |
|
Santiago |
880 |
845 (96,02 %) |
|
Ferrol |
421 |
404 (95,96%) |
|
Lugo |
742 |
726 (97,84 %) |
|
Ourense |
871 |
851 (97,70 %) |
|
Pontevedra |
738 |
700 (94,85 %) |
|
Vigo |
1946 |
1914 (98,36 %) |
Cómpre sinalar, ademais, que a caída da natalidade nos últimos anos en Galicia está a redundar nunha menor entrada de rapaces no sistema educativo cada ano. Non en balde, desde 2008 -ano ata o que os nacementos se foron incrementando- o número de nados vai diminuíndo: desde os 23.175 dese 2008 ata os 19.062 do 2016 (últimos datos do Instituto Galego de Estatística).




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149