GALICIA
A Xunta súmase á iniciativa ‘A hora do planeta’ p
Este movemento de carácter mundial -promovida pola Organización WWF- pretende chamar a atención sobre a necesidade de protección do entorno mediante políticas económicas sensibles e baixas en CO2.
O Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano e a Cidade da Cultura apagarán as súas luces o vindeiro sábado, 24 de marzo, ao longo dunha hora dende ás 20:30 horas, para sumarse á iniciativa A hora do planeta. Así, un ano máis a Xunta súmase con este xeito simbólico ás iniciativas que teñen por obxectivo concienciar á sociedade da importancia de loitar conta o cambio climático e intentar mitigar os seus efectos.
A hora do planeta é unha iniciativa de carácter mundial promovida pola Organización WWF pretende chamar a atención sobre a necesidade de protección do entorno mediante políticas económicas sensibles e baixas en CO2.
Con esta acción, á que cada vez se unen máis entidades, organismos e persoas de todo o mundo, preténdese sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de preservar o medio ambiente e buscar a adhesión das entidades públicas e privadas a políticas comúns que axuden a implantar un modelo económico sensible co entorno e que faga reducir as emisións de carbono.
As luces do Edificio Administrativo en San Caetano e a Cidade da Cultura quedará apagadas mañá sábado 24 de marzo, entre as 20:30 e as 21:30 horas
Deste xeito, gobernos e institucións, organizacións, empresas e cidadáns estanse a mobilizar por todo o mundo e están a dar pasos importantes para acelerar a transición global cara ao desenvolvemento económico e social coherente coas necesidades do planeta en materia de conservación e protección.
O Goberno galego entende que ten que estar neste proceso. Proba diso é a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, que establecerá as grandes liñas de actuación na loita fonte ao cambio climático e na transición enerxética, incorporará a consideración do cambio climático na xestión territorial e levará aparellada a elaboración dun mapa de coñecemento e capacidades de Galicia nesta materia.
De xeito complementario, porase en marcha a Estratexia Galega de Sustentabilidade e a Estratexia de Economía Circular, esta última enfocada a un modelo de consumo que cubra todo o ciclo de vida dos produtos e fomentando medidas de mellora do entorno empresarial, prestando especial atención ás pemes, como métodos de deseño ecolóxico ou a aposta pola enerxía renovable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149