Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 25 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

A Xunta clausura a segunda edición do obradoiro de emprego “Mos Verde”

O Goberno galego destinou a este taller, dividido nas especialidades de limpeza de espazos públicos e xestión de residuos e deseño gráfico, máis de 140.000 euros.

[Img #40015]

 

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse esta semana ata a Axencia de Colocación da localidade pontevedresa de Mos para comprobar de primeira man os avances dos 15 mozos e mozas que veñen de rematar a súa formación na segunda edición do obradoiro “Mos Verde”, promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.  

 

Acompañado pola alcaldesa Nidia Arévalo, o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas tecnoloxías, Óscar Soto, e a directora do taller, Ana Belén Ballesteros, o representante autonómico felicitou aos alumnos e alumnas e destacou o alto índice de inserción laboral destes cursos formativos, superando todas as expectativas previstas. A tres días do seu remate, -xa que finalizará o vindeiro mércores 28 de marzo-, a porcentaxe de inserción laboral do obradoiro é do 50%, e do 80% no caso da especialidade de limpeza de espazos públicos. Nesta especialidade espérase acadar o 100% de inserción antes do remate do obradoiro.

 

López-Chaves agradeceu tamén a aposta e a implicación das empresas, sen as que non sería posible que tiveran unha nova oportunidade laboral.   

 

 

 

 

No que atinxe á área territorial de Vigo, o orzamento dedicado a estes talleres de emprego supera os 4,2 millóns de euros, con 14 obradoiros e 250 alumnos

 

 

 

 

A Administración galega destinou a este taller, dividido en dúas especialidades, 140.188 euros. Durante os últimos 6 meses, 8 alumnos e alumnas formáronse en limpeza de espazos públicos e xestión de residuos, e outros 7 en deseño gráfico. O “Mos Verde II” é un dos seis obradoiros específicos para menores de 30 anos concedidos este ano a través do Sistema de Garantía Xuvenil.

 

No que atinxe á área territorial de Vigo, o orzamento supera os 4,2 millóns de euros para a posta en marcha de 14 obradoiros, 8 xerais e 6 específicos nos que 250 persoas desempregadas reciben formación e un contrato de traballo.

 

Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan na convocatoria actual varias novidades respecto á anterior, entre as que destacan a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses. Asemade, deuse prioridade ás localidades menos poboadas de Galicia para responder así a unha das medidas principais do plan de formación e emprendemento no rural da Xunta.

 

 

 

 

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacaron o alto índice de inserción laboral destes cursos formativos  

 

 

 

 

Os obradoiros céntranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos.

 

No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deben estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades ás que opten relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Prímanse aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

 

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.