MUNDO EMPRESA
Conde salienta a formación e os valores que ofrecen as lanzadeiras para favorecer a humanización do emprego
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana en Santiago nun encontro cos participantes deste programa que impulsan a Xunta e as fundacións Santa María la Real e de Telefónica.
![[Img #40022]](upload/img/periodico/img_40022.jpg)
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta semana nun encontro no que participou en Santiago cos alumnos das Lanzadeiras de Emprego que a formación non só é a “antesala do emprego”, senón un aval para acceder ao mercado de traballo e clave para conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Neste sentido, sinalou que esta iniciativa contribúe ademais a impulsar valores que favorecen a humanización do emprego.
Conde, na súa intervención, puxo en valor as Lanzadeiras de Emprego, un programa que impulsan conxuntamente a Xunta, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica para favorecer entre as persoas sen emprego o seu acceso ao mercado de traballo. Sinalou que as Lanzadeiras fomentan entre os participantes un espírito emprendedor, ao tempo que desenvolven a súa marca persoal e impulsan o talento. Nos últimos tres anos, puxéronse en marcha en Galicia, co apoio da Xunta, un total de 15 Lanzadeiras nas que participaron 265 desempregados das catro provincias galegas de diferentes idades e perfís profesionais.
Indica que a cualificación non só é a antesala do emprego senón que é clave para conseguir un tecido empresarial competitivo
No encontro celebrado hoxe varios dos alumnos participantes expuxeron o seus casos de éxito, ao encontrar un emprego ao remate do programa. Neste senso, o titular de Economía puxo en valor o alto índice de inserción laboral desta actuación, un 60% de media, polo que apuntou que a Xunta segue confiando neste tipo de ferramentas, anunciando que este ano volverá a poñerse en marcha unha nova edición deste programa en Galicia. “Este tipo de actuacións axúdanvos a adquirir confianza e unha posición activa e comprometida”, apuntou Conde, quen indicou que canto máis e mellor formado estea o persoal das empresas máis produtivas serán.
Así mesmo, salientou que a formación é clave no novo modelo produtivo baseado nas novas tecnoloxías afirmando que a formación é esencial na transición cara á economía dixital porque está requirindo novos perfís laborais e habilidades cada vez máis técnicas. Neste contexto, lembrou que a Xunta traballa para adaptar os perfís profesionais dos traballadores galegos ás demandas que require o tecido produtivo. Indicou que a Xunta conta coas empresas para identificar cal é o emprego que vén, os itinerarios formativos desde o ámbito académico en función das profesións que máis se demandan. Destacou, ademais, que “no ámbito dixital e na economía do coñecemento o que marca a diferenza é o talento, as persoas”, subliñou e engadiu, ao respecto, a importancia de “non perder a humanización do emprego” porque a motivación, a actitude e o traballo en equipo son valores determinantes que o dixital non pode substituír”.
Para rematar, Conde asegurou que a Administración autonómica confía na efectividade das Lanzadeiras para axudar a persoas desempregadas a atopar un traballo capacitándoas para afrontar unha entrevista de traballo, presentar un currículum que destaque os seus puntos fortes e para orientar a busca de emprego cara o seu perfil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104