MOS
A Policía Local estrea etilómetros de última tecnoloxía
O corpo municipal acaba de incorporar dous novos etilómetros de tecnoloxía punteira converténdose no primeiro Concello de Galicia que dispón da mesma.
![[Img #40036]](upload/img/periodico/img_40036.jpg)
Dous etilómetros veñen a completar os medios da Policía Local de Mos para optimizar o seu servizo a prol da seguridade cidadá e vial e o cumprimento do código de circulación. O Concello adquiriu con fondos propios municipais estes dous aparatos converténdose no primeiro municipio galego que incorpora esta tecnoloxía de última xeración, xa que se tratan dos mesmos etilómetros que emprega a Garda Civil.
Concretamente trátanse do etilómetro de mostreo Alert J5 e outro válido para aportar probas xudiciais, Evidential Analyzer. Ambos da marca SAF’IR Evolution.
O Etilómetro Evidencial SAF’IR está homologado para o control de alcoholemia evidencial polo Centro Español de Metroloxía (CEM). Trátase do máis moderno etilómetro evidencial do mercado para o seu uso con forza probatoria administrativa e xudicial. As vantaxes deste equipo son múltiples: tamaño e peso reducidos, tecnoloxía de infravermello portátil, baterías de longa duración recargables, conexión á toma chisqueiro do vehículo, impresora Bluetooth, tempo de resposta instantáne, GPS incorporado e mostra inmediata das lecturas.
Ambos aparatos miden a concentración de alcohol en aire. O SAF´IR Evolution é o único modelo en España que mide a concentración de etanol no alento mediante tecnoloxía infravermella. Como xa se dixo, trátase do mesmo modelo que incorporou recentemente a Dirección Xeral da Garda Civil nas súas novas motos que vixían as nosas estradas, así como a Policía Local de Madrid, entre outros corpos de seguridade. Estes 2 equipos cumpren coa última normativa en vigor, máis estrita e que pide maior precisión. Sendo as mostras tomadas co etilómetro evidencial válidas para sancións administrativas, así como en posibles accións xudiciais futuras. Estes equipos son portátiles, os únicos cun tamaño tan pequeno que caben nunha man, co que poden levarse en calquera dos coches patrulla dos que dispón a Xefatura mosense, así como na motocicleta, debido a que tanto o etilómetro como a pequena impresora con tecnoloxía Bluetooth da que está dotado, caben nun maletín de reducidas dimensións.
Os axentes da Policía Local de Mos estrearon esta pasada fin de semana o novo equipamento realizando co mesmo os primeiros controis de alcoholemia nas zonas de Puxeiros, As Angustias (Sanguiñeda) e Cristo de Belén (Pereiras). O balance foi moi positivo, xa que de 30 test realizados entre os tres controis, tan só un condutor superou a taxa mínima de alcohol en aire.
Este novo material súmase aos 4 coches patrulla, e a motocicleta cos que contan os 8 axentes da Policía Local mosense para prestar servizo de luns a domingo. O número de policías locais duplicouse tamén, xa que eran tan só 4 cando a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, chegou á alcaldía no ano 2009.
Ademais da súa operatividade en todas as súas actuacións, a Policía Local de Mos fai tamén un importante e intenso labor en materia de prevención con diversas campañas anuais de seguridade viaria.
Recentemente a Policía Local impartiu nos colexios mosenses, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, unhas xornadas sobre seguridade e educación vial nas que participaron un total de 460 nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º cursos de Educación Primaria.
Paralelamente a estas xornadas desenvolveuse o pasado sábado 17 de marzo no Multiusos das Pozas unha charla para adultos sobre sistemas de retención infantil e seguridade dos cativos no interior dos vehículos, que contou con gran afluencia de público e que estivo marcada pola participación activa dos asistentes que formularon gran cantidade de dúbidas e preguntas que foron resoltas polos axentes locais, ao tempo que estes coñecían de primeira man as incertidumes sobre este tema da veciñanza mosense.
En materia de actuación, a Policía Local de Mos intervén en moi diversas tarefas tales coma asistencia en sinistros de tráfico, control do cumprimento do código de circulación, emisión de informes para expedientes de infraccións urbanísticas e medio ambientais, control de verquidos, notificacións, accións relacionadas con casos de violencia de xénero, e un longo etcétera. Polo que os axentes mosenses traballan paralelamente en dúas vertentes: unha de educación-prevención e outra de actuación.
Na vertente de actuación realizaron recentemente unha investigación pola que se abriron dilixencias por un presunto delito de estafa por simulación de accidente de circulación. O arduo e exhaustivo proceso de investigación prolongouse durante máis de dúas semanas.
Os feitos aconteceron nun paso de peóns localizado na Avenida de Sanguiñeda cando varios individuos simularon un accidente con resultado de atropelo. Os implicados foron un turismo e un viandante de 42 anos de idade.
O relato dos feitos por parte dos implicados, as numerosas incongruencias na secuencia temporal e a falla de correspondencia entre as lesións e a natureza do propio accidente levantaron as sospeitas dos axentes da Policía Local, que iniciaron unha investigación para esclarecer a veracidade do presunto accidente de circulación.
Dende a Xefatura do corpo policial mosense sinálase que foi clave a colaboración cidadá para o esclarecemento definitivo dos feitos e agradecen a colaboración desinteresada dos veciños e veciñas do lugar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.173