GALICIA
A Xunta aclara os trámites que están incluídos nos servizos mínimos da folga na Administración de Xustiza
A medida ten como obxectivo garantir que os cidadáns poidan facer as xestións que están amparadas polo decreto actual pero que non se están tramitando.
![[Img #40037]](upload/img/periodico/img_40037.jpg)
A Xunta de Galicia aclara nunha instrución os trámites que están incluídos dentro dos servizos mínimos fixados debido á folga na Administración de Xustiza. A medida ten como obxectivo garantir que os cidadáns poidan facer as xestións que están amparadas polo decreto actual pero que non se están tramitando.
O vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, informou desta medida no seo da Comisión mixta entre a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), á que asistiu o presidente do órgano xudicial, Miguel Ángel Cadenas.
Rueda destacou a necesidade de que os dereitos dos cidadáns non se vexan prexudicados polo incumprimento do decreto de servizos mínimos e recalcou que ese prexuízo non está amparado polo dereito de folga.
O presidente de TSXG, Miguel Ángel Cadenas, coñeceu os detalles da instrución na reunión da comisión mixta entre o órgano xudicial e a Xunta
A instrución recolle principalmente aqueles trámites que se realizan nos rexistros civís, como determinadas certificacións, inscricións, notificacións ou actuacións procesais que nalgúns casos non se estaban a xestionar con normalidade.
Seguimento
Por outra parte, o seguimento da folga convocada na Administración de Xustiza foi hoxe dun 36,99%. Foron á folga 1.015 persoas. Por provincias, o seguimento da folga na Coruña foi do 35,05%; en Lugo, do 24,92%; en Ourense, do 35,29%, e en Pontevedra, do 43,76%.
No cálculo destes datos hai que ter en conta que 182 funcionarios non acudiron ao traballo por ausencia xustificada (vacacións, asuntos particulares, ou días de libranza) e 775 participaron nos servizos mínimos, que se cumpriron na súa totalidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149