Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 01 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Julio Torrado e Patricia Vilán reclamarán melloras para o Centro de Saúde de Ponteareas

O PSdeG-PSOE denuncia “problemas graves” de persoal nos centros de saúde que provocan “perda de calidade” na atención aos doentes.

[Img #40066]

 

Os deputados socialistas Julio Torrado e Patricia Vilán visitaron esta semana varios centros de saúde do Condado Paradanta, onde puideron constatar as “deficiencias” que padece a Atención Primaria nesta bisbarra, comúns a “toda Galicia”, motivadas polos “recortes” e polo “desinterese” da Xunta.

 

Os deputados socialistas estiveron acompañados en todo momento pola Secretaria Xeral dos socialistas de Ponteareas, Chus Garrote. Torrado, Vilán e Garrote recolleron as demandas dos profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Ponteareas.

 

Como explicou o voceiro de Sanidade do PSdeG no Parlamento, existen “problemas graves” de persoal, relacionados coa non cobertura das baixas e as xubilacións, e que redundan nunha “saturación” dos profesionais. A modo de exemplo, sinalou que cada médico atende ao día “uns 40 ou 50 doentes”, de xeito que apenas contan cuns cinco minutos por persoa.

 

“Pérdese calidade na atención”, denunciou Torrado, quen explicou que esa marxe é “insuficiente” para facer unha valoración e que todos os informes e análises médicos sinalan que o “mínimo” necesario é de dez minutos por doente, é dicir, o dobre do tempo co que contan actualmente.

 

Na mesma liña de falta de persoal, lamentou que a máquina de raios coa que conta o centro de saúde de Ponteareas teña que estar “parada” polas tardes pola ausencia dun técnico, o que provoca que as probas necesarias teñan que ser derivadas ao hospital de Vigo.

 

 

 

 

Os deputados Julio Torrado e Patricia Vilán constatan in situ as “deficiencias” da Atención Primaria e lamentan que a máquina de raios do centro de saúde de Ponteareas estea “parada” polas tardes pola ausencia dun técnico

 

 

 

 

En paralelo, os parlamentarios socialistas comprobaron que os centros de saúde mostran “un déficit de mantemento” que se traduce en “graves problemas de accesibilidade”, por exemplo, para as persoas en cadeira de rodas. Así mesmo, observaron como nalgunha destas infraestruturas incluso tiveron que “reconverter” uns baños para abrir novos espazos de atención aos pacientes.

 

UNHA SOA AMBULANCIA

Adicionalmente, criticaron que unha bisbarra na que residen máis de 50.000 habitantes tan só conte cunha ambulancia para atender unha poboación tan espallada e envellecida.

 

Sobre todo, como relataron, porque durante o traslado dun doente ata Vigo, que supón máis de media hora de desprazamento, o territorio queda desatendido.

 

Por todo isto, os socialistas presentarán iniciativas no Parlamento de Galicia para esixir á Xunta que solvente a problemática relacionada coa dotación de persoal, que mellore as infraestruturas sanitarias e que mellore o transporte sanitario terrestre.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.