Xornal21
Jueves, 29 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
VIGO
Colectivos sociales de Vigo piden aumento de cuantía da RISGA
O Goberno Galego tramita actualmente o desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia que vai regular a medio prazo a prestación da RISGA e outras axudas de inclusión social.
A Carta Social Europea, a Rede Galega e Europea contra a Pobreza, entre outros organismos e colectivos, defenden que as prestacións sociais deben achegarse ao indicador AROPE que mide o mínimo de ingresos por persoa.
A Unión Europea é quen desenvolveu este indicador que establece en 684 euros mensuais por persoa e 1680 euros/mes para un fogar de dous adultos e dous menores para medir o risco de pobreza e/ou exclusión social.
Os colectivos sociais aseguran que o salario mínimo interprofesional, establecido para 2017 en 735,90 euros, debe marcar o horizonte individual a conseguir para reducir a pobreza.
Según o Informe “O estado da pobreza en Galicia”, elaborado en 2017 pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), a partir de datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), do Instituto Galego de Estadística (IGE) e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, había en Galicia, a finais de 2016, 690.505 persoas en risco de pobreza ou exclusión social, que representa o 25,4% da poboación.
En Vigo, esta cifra situábase en 61.400 persoas, o que representa o 21% da poboación.
Explican que "a actual prestación económica da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) non cumple os criterios da lexislación en vigor (Decreto 99/2012 de Servizos Sociais Comunitarios e a súa financiación modificado polo decreto 228/2014 da Xunta de Galicia) pois sigue mantendo aos beneficiarios no umbral da pobreza, da exclusión social e non cubre as necesidades básicas provocando estados de pobreza crónicos heredados por fillas e fillos."
Conn todo piden ao presidente do Goberno Galego "que o Proxecto de Decreto de Desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social de Galicia e das Axudas de Inclusión Social en trámite, incorpore as medidas económicas mencionadas."

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217