MOS
As obras de humanización en Puxeiros rematarán no prazo previsto
Os traballos comezaron fai algo máis de dúas semanas.
![[Img #40080]](upload/img/periodico/img_40080.jpg)
Fai dúas semanas e media que se iniciou a obra de humanización na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.
Esta obra foi contratada pola administración local mosense e está financiada mediante unha subvención do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Os traballos teñen un prazo de execución de tres meses.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, informaron de que desde o inicio dos traballos xa se acometeu un muro de contención, instaláronse as tuberías para a canalizacións das auguas pluviais e do alumeado público, os sumideiros para pluviais e realizáronse as bases para as farolas, así coma os bordillos e o formigonado das beirarrúas para poder comezar a colocar a plaqueta despois de Semana Santa.
Os traballos na Avenida de Puxeiros avanzan a bo ritmo e estímase que poidan estar rematados antes do prazo previsto, xa que se atopan moi avanzados. Os labores que están pendentes de acometer e que se realizarán a continuación son a instalación da plaqueta das beirarrúas e do bordillo da mediana da estrada, o asfaltado da mesma e o pintado da sinalización horizontal do vial.
Detalles da obra
A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atópase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603 (Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).
O Concello de Mos, segundo declararon os representantes municipais Nidia Arévalo, rexedora local, e Luis Alonso, concelleiro de Vías e Obras “está concienciado sobre a necesidade de aumentar a seguridade viaria e humanizar os tramos de vías municipais que discorren polos núcleos máis urbanos. Por iso, para dar continuidade ao tramo urbanizado existente, tomouse a decisión de realizar a humanización do tramo que vai desde a ligazón coa A-55 no punto quilométrico 9 e acaba na glorieta da que parte a Estrada Puxeiros-Mos (EP-2601) e a Rúa Ludeiro, ao norte (PK 0+468)”.
O ámbito de actuación, ao sur do tramo urbanizado da Avenida de Puxeiros, actualmente carece de beirarrúas e ten unha iluminación pobre, nun tramo cun tráfico denso, ao servir de acceso á A-55 quilómetro 9 para algúns dos polígonos industriais da zona. Por iso, para mellorar a seguridade viaria dos peóns e dos usuarios da vía, as actuacións inclúen principalmente a humanización deste tramo da Avenida de Puxeiros, mediante a ordenación de espazos. Desta forma créanse itinerarios peonís máis seguros, con novas beirarrúas (marxe oeste) e sendas a nivel (marxe este).
Así mesmo, proxectouse un novo muro de pedra na marxe oeste, para conter a citada beirarrúa, que xa se atopa rematado. E como obras complementarias que aumentan a seguridade viaria inclúense a mellora da iluminación (farois con leds de baixo consumo), adecuación da drenaxe aos novos pavimentos, creación dunha mediana que se axardinará para urbanizar esta contorna, execución de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical, entre outras. O investimento é de 261.858 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.118