GALICIA
UGT achaca a mellora do emprego "a factores estacionais"
"Enquistados no emprego precario. Dos 75.688 novos contratos do mes, 67.667 foron temporais, e a afiliación á Seguridade Social tan só se incrementou en 6.395" sinalan.
UGT-Galicia denuncia que "os datos do desemprego feitos públicos hoxe reflicten, un mes máis, que o emprego creado volve a ser temporal, neste caso, vinculado á estacionalidade das actividades económicas".
O paro baixa en Galicia no mes de marzo en 3.104 persoas, en relación ao mes anterior, o que supón en termos relativos un 1,65 por cento. Así, hai en Galicia 185.103 persoas en situación de desemprego. Interanualmente, o paro baixou nun 11,9 por cento, en 24.953 persoas.
De novo, por sexos, obsérvase que as mulleres participan nunha menor porcentaxe nesta melloría do emprego. Mentres no caso dos homes o paro baixa nun 1,81 por cento, no caso das mulleres o fai nun 1,53 por cento. Son estas últimas as que representan o 56,5 por cento do total do paro rexistrado en Galicia. A brecha por sexos no desemprego continúa. En termos interanuais esta discriminación por sexos aínda é maior. O paro baixa, en relación a hai un ano, nun 14,4 por cento entre os homes e tan só un 9,9 por cento entre as mulleres.
Os máis mozos tamén teñen dificultades para subirse á onda do emprego. De feito, o paro entre os menores de 25 anos tan só baixou no mes de marzo en Galicia en sete persoas. Hai un total de 9.129 mozos en situación de desemprego nesta Comunidade.
Por sectores, no mes cae en todos, menos entre o colectivo de sen emprego anterior, no que medra o paro nun 1,53 por cento. En termos relativos no que máis se contrae, polo efecto estacional da Semana Santa, é no sector servizos, cunha baixada do 2,27 por cento. Na industria a baixada foi dun 0,13 por cento e na construción dun 0,54 por cento.
En relación a hai un ano, en termos absolutos, o maior descenso dáse tamén no sector servizos, no que nun ano o paro cae en preto de 15.000 persoas, unha diminución do 10,8 por cento.
Os datos de contratación evidencian a precariedade que empaña o mercado laboral galego. Senón, como se explica, que no mes de marzo se asinasen 75.688 contratos, polo efecto Semana Santa, pero que deste total 67.667 foron de carácter temporal e tan só consolidaron un aumento da afiliación á Seguridade Social de 6.395. Resulta evidente que custa, e moito, consolidar a contratación e que hai que asinar moitísimos contratos para consolidar un posto de traballo.
A afiliación á Seguridade Social medrou no mes un 0,65 por cento e un 2,68 por cento no ano. En ambos casos por debaixo das medias que se rexistran no resto do Estado. Non son bos os datos de afiliación á Seguridade Social en Galicia.
Dende UGT-Galicia reitérase que "nunha economía que medra a un ritmo do 3,1 por cento o emprego non vai parello, segue habendo unha fonda crise de emprego".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149