VIGO
COGAMI inicia curso de auxiliar de servizos en Vigo para persoas con discapacidade
Financiado pola Consellería de Política Social, son 12 as persoas con discapacidade que se están a formar tanto de Vigo como de concellos próximos.
![[Img #40141]](upload/img/periodico/img_40141.jpg)
A aula de formación que ten COGAMI en Vigo é o lugar onde, dende esta semana, se está a impartir o curso de Auxiliar de Servizos que vén de iniciar a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social dentro do Proxecto nº2 de Formación en Habilidades para o Emprego nas provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo, consta de 120 horas lectivas que se imparten en horario de 15:30 a 20:30 horas ata o día 4 de maio, e está dividida nos seguintes módulos: instrumental, xurídico, socioprofesional e técnico profesional.
O curso inicia con 12 persoas, todos homes, con certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, que proceden dos concellos de Vigo, A Guarda, Tomiño, Porriño, Redondela, Mos e Gondomar. O obxectivo xeral desta acción formativa é formar ao alumnado no perfil profesional de auxiliar de servizos. Para ilo, aprenderán a manexar sistemas operativos informáticos, follas de cálculo, procesador de texto, mecanografía e Internet, ademais de adquirir coñecementos básicos de lexislación, comunicación e primeiros auxilios.
COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 4.558 persoas inscritas na comarca de Vigo, 2756 homes e 1802 mulleres.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217