Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 03 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A provincia de Pontevedra rexistra un 68,3% de ocupación na Semana Santa

A presidenta da Deputación destacou que “superamos a nosa estimación do 62% ata en máis de seis puntos, e iso a pesar das inclemencias climatolóxicas”.

[Img #40144]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta dos resultados de ocupación hoteleira media da provincia de Pontevedra durante a Semana Santa que foi do 68,3%. Silva valorou positivamente estes resultados que superan ata en máis de seis puntos a estimación realizada antes deste período, cando se prevía unha ocupación hoteleira do 62%.

 

Carmela Silva subliñou que “xa cando demos a coñecer as nosas previsións asegurábamos que existía incerteza debido ao anuncio dun tren de borrascas que ao final si tivemos e deixou choivas a maior parte dos días de vacacións. Comezamos coa cicloxénese explosiva Hugo e rematamos a semana con ata neve a 30 quilómetros de Pontevedra… E todo isto sumado a que marzo do 2018 foi o mes con máis precipitacións dos últimos dez anos, segundo as estacións meteorolóxicas da provincia”. Sen embargo, “pese a estes factores negativos –destacou a presidenta provincial – ao final superamos as nosas estimacións do 62% ata en máis de seis puntos, acadando unha ocupación final do 68,3% nos establecementos hoteleiros da provincia de Pontevedra”.

 

A presidenta da Deputación detallou os resultados obtidos por comarcas, asegurando que O Salnés obtivo unha ocupación do 58,13%, con picos do 60% en localidades como O Grove ou Sanxenxo. Pola súa banda Pontevedra, cunha ocupación do 83,5%, “foi a comarca con mellores resultados da provincia. Incluso os propios representantes do sector sinalan que moita xente que tiña previsto acudir a outros puntos da provincia finalmente veu pasar os días ata esta comarca”, destacou Carmela Silva.

 

O Morrazo superou ata en 15 puntos as estimacións efectuadas pola Deputación de Pontevedra, chegando ao 59% de ocupación definitiva. No caso da comarca de Caldas practicamente se cumpriron as previsións da institución provincial, ao obter un 85% fronte ao 87% que se agardaba.

 

A comarca de Vigo obtivo unha ocupación media do 61%, tamén moi por riba da estimación prevista que se situaba no 50%. Pola súa banda, a comarca do Baixo Miño acadou un 65%, as comarcas do Condado e da Paradanta chegaron ao 80% e as do Deza e Tabeirós-Terra de Montes ata o 70%.

 

A presidenta da Deputación tamén deu a coñecer a variación interanual na provincia de Pontevedra destacando que, “se comparamos o mes de marzo do 2018 co mesmo mes do ano anterior, este ano os datos foron moito mellores xa que a ocupación foi tres puntos superior á obtida en marzo do 2017, é dicir, un 43% este ano fronte ao 40% do pasado”.

 

En canto ao turismo rural, Carmela Silva informou que acadou unha ocupación do 47,42% na provincia de Pontevedra. “Se atendemos ao conxunto do mes de marzo – asegurou a presidenta provincial- os datos foron moito mellores que os acadados o ano pasado, con máis de 13 puntos por riba do obtido en marzo do 2017 cando se rexistrou unha ocupación nos establecementos de turismo rural do 10% fronte ao case 24% de marzo deste ano”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.