TOMIÑO
Uns sesenta nenos e nenas do programa “É Aprender” fan unha exposición apoiando os dereitos da muller
O Concello alberga os traballos realizados polo alumnado dos oito grupos que están funcionando na actualidade neste proxecto pioneiro na comarca
![[Img #40153]](upload/img/periodico/img_40153.jpg)
Os sesenta nenos e nenas de entre 5º de Primaria e 2º da ESO que acoden regularmente ás aulas de reforzo escolar do programa “É Aprender”, pioneiro na comarca, realizaron unha serie de traballos co gallo do Día Mundial da Muller, nos que tentan salientar temas coma o da igualdade de xénero e a mellora da sociedade na que vivimos.
Os traballos, expostos na entrada da Casa do Concello, corresponde a cada un dos oito grupos que están funcionando nesta edición do programa, nas parroquias de Goián (2 grupos); Currás, Piñeiro, Estás, Barrantes, e Tomiño Centro (2). A mostra estará aberta ao público aínda ao longo desta semana.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta a importancia de incidir dende idades temperás en temas de igualdade de xénero, violencia doméstica, convivencia, etc. non so dende a propia familia, senón tamén dende os centros educativos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180