Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 05 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os habitantes das Gándaras de Budiño puideron ser os primeiros poboadores de Galicia hai máis de 200.000 anos

Esta idea será o eixo sobre o que xirará a conferencia que Eduardo Méndez-Quintas, profesor do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), ofrecerá este xoves, día 5 de abril- ás 8 da tarde- no Centro Cultural Municipal do Porriño.


Baixo o título ‘As Gándaras de Budiño e os primeiros poboadores de Galicia. 50 anos de encontros e desencontros’, o profesor Méndez-Quintas falará sobre as novas técnicas de datación dos restos atopados en 1961 nesta lugar do Porriño e que poderían indicar que os homes que viviron neste lugar o fixeron moitísimo antes do que se estivo crendo no último medio século.


“Criamos que os poboadores de Budiño traballaban con tecnoloxía que xa tiña desaparecido en Europa 100.000 anos antes…pero as ferramentas atopadas son iguais e teñen as mesmas características que as doutros xacementos do sudoeste de Europa”.


A este feito apuntan os bifaces e outras pezas coma lascas, follas de coitelo, perforadores ou picos triédicros, que apareceron nestes lugar hai máis de medio século e que daquela foran datados coa técnica do Carbono 14, hoxe xa superada.


As novas tecnoloxías apuntan a que estes restos teñen, cando menos, unha antigüidade semellante a outros aparecidos no Baixo Miño,e que apuntan a que os primeiros poboadores de Galicia se asentaran aquí hai entre 200.000 e 300.000 anos.


O estudo desta alternativa, sobre o terreo, será o traballo que inicie o vindeiro verán, coa achega do Concello do Porriño, un equipo “multinacional”, impulsado polo Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), e integrado por científicos australianos, portugueses, franceses e galegos, que reabrirá, baixo a dirección do profesor Méndez-Quintas o xacemento das Gándaras de Budiño, tal e como explicará él mesmo, o xoves  na súa conferencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.