GALICIA
O DOG publica a convocatoria para a cobertura de 109 prazas de auxiliar de policía local en 24 concellos
Esta é a primeira convocatoria dende que entrou en vigor o decreto que permite aos concellos delegar a competencia na Xunta de Galicia.
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria do proceso selectivo unitario para a cobertura de 109 prazas de auxiliar de policía local pertencentes a 24 concellos. Os/as interesados/as teñen a partir do xoves 20 días de prazo para solicitar a súa participación no proceso; é dicir, ata o 3 de maio, mes no que se desenvolverán as probas.
Os auxiliares da policía local desempeñan funcións de apoio e auxilio ao corpo da Policía Local naqueles concellos nos que se produce en determinadas tempadas un aumento notorio da súa poboación.
Esta convocatoria é a primeira que se fai dende a entrada en vigor do decreto 115/2017, polo que os concellos delegan na Xunta de Galicia a competencia da convocatoria de prazas para os seus corpos de Policía Local. Nesa data 48 concellos asinaron o convenio de delegación de competencias. Nas vindeiras semanas publicarase o proceso selectivo para a cobertura de prazas de policía local.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149