Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 08 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Zona Franca interésase por coñecer o sector do agro do Baixo Miño e poder establecer accións conxuntas

A directiva de AcuBam solicitou apoio para a execución de proxectos de internacionalización e emprendemento das empresas da zona.

A delegada do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, acompañada da directora de Promoción Económica, Rosa Equizábal, visitou esta semana Tomiño, para entrevistarse coa alcaldesa Sandra González, e analizar posibles vías de colaboración entre ambas as entidades.


O concelleiro de Planificación Territorial, Facenda e Proxectos Estratéxicos, Uxío Benítez, acompañou á alcaldesa durante a xuntanza, na que estiveron ademais presentes,  membros de AcuBam (Asociación de Cultivos do Baixo Miño). Logo dun encontro celebrado na alcaldía, a delegada e máis a directora de promoción económica, asistiron no salón de plenos, á presentación dun resumo do Plan Estratéxico dos viveiros do Baixo Miño, elaborado por AcuBam con colaboración de Tomiño e outros concellos da comarca, e que aposta por investir en investigación aplicada, concienciación medio ambiental e nunha maior profesionalización do sector.


Tras a presentación, Teresa Pedrosa explicou aos viveiristas os campos de actuación nos que Zona Franca podería colaborar con eles, salientando varios, coma por exemplo, a elaboración de plans de internacionalización do sector do agro, con realización de obradoiros, cursos e experiencias máis importantes. Pedrosa ofreceu apoio tamén en temas de aranceis e posibilidade de utilizar instalacións de zona franca para accións puntuais, e por último, accións de formación para o emprendemento, innovación e transferencia de coñecementos, vencelladas a sectores particulares, quedando a disposición dos viveiristas para comezar a traballar en accións concretas.


A directiva de AcuBam aceptou de moi bo grado as propostas da delegada, sinalando a necesidade de priorizar a redacción de proxectos máis urxentes para a mellora do sector do agro na comarca.


A alcaldesa, Sandra González, pola súa banda, explicou a Pedrosa que “o sector do agro e dos viveiros é un sector estratéxico na nosa economía, xa que crea moitos postos de traballo, a maioría ocupados por mulleres” e salientou a importante labor de modernización, divulgación, investigación e internacionalización que están realizando nos últimos anos.


Logo da reunión, realizouse unha visita a un viveiro e á principal comercializadora de plantas da zona, e finalmente ao Mercado Municipal.


A presenza de Zona Franca  é resultado da visita realizada pola alcaldesa a Pedrosa no mes de decembro, acompañada por Uxío Benítez, e na que González amosou o interese de que o Consorcio traballe de forma conxunta co Concello en determinadas iniciativas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.