GALICIA
A Oficina Técnica da Seca propón pasar á situación de normalidade na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
Os técnicos constatan a recuperación do caudal base dos ríos no conxunto da conca grazas á persistencia e á intensidade das precipitacións dos últimos meses.
![[Img #40219]](upload/img/periodico/img_40219.jpg)
A Oficina Técnica da Seca (OTS) propuxo esta semana volver á situación de normalidade na totalidade da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa unha vez constatada a recuperación do caudal base dos ríos nos 19 sistemas que integran a conca.
Esta foi a principal conclusión da reunión da OTS, presidida polo director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, e na que se analizou polo miúdo o impacto que as chuvias rexistradas nos últimos meses tiveron sobre a evolución dos recursos hídricos de Galicia-Costa, así como no resto de indicadores que xustificaron ata o momento o mantemento da situación de prealerta en todos os sistemas.
Desde o punto de vista meteorolóxico, Roberto Rodríguez explicou que as precipitacións rexistradas ao longo de febreiro e marzo foron superiores ao habitual nesta época do ano, o que permitiu encadear catro meses con choivas por riba da media. A continuidade nas precipitacións unida ao feito de que tiveran certa intensidade e persistencia no tempo, engadiu, permitiron consolidar unha tendencia de recuperación na recarga do medio hídrico que foi clave á hora de que os técnicos tomaran a determinación de volver á normalidade.
Así, as choivas rexistradas en marzo produciron o enchido das canles fluviais varias veces ao longo do mes e permitiron no conxunto da demarcación unha recuperación progresiva do caudal base dos ríos, é dicir, a cantidade de auga que reteñen cando deixa de chover. De feito, segundo os datos de Meteogalicia este foi o segundo mes de marzo máis chuvioso da serie histórica.
O director de Augas de Galicia sinala que as reservas dos encoros, que están ao 91,39% da súa capacidade, se sitúan xa nos valores máximos para esta época
Na mesma liña, todos os puntos de control reflicten unha situación de melloría no mes de febreiro, acadándose xa en marzo a normalidade no conxunto da demarcación. De feito, Rodríguez engadiu que nalgúns puntos das concas do Eume, Mendo, Tambre, Ulla e Lérez incluso se rexistraron os valores medios máximos históricos do mes de marzo.
Así mesmo, os indicadores analizados por cada sistema de explotación e demarcación tamén reflicten normalidade na súa rede piezométrica, que é a que permite medir a evolución dos niveis das augas subterráneas, continuando coa tendencia de mellora progresiva detectada nos meses anteriores.
En canto ás reservas dos encoros de Galicia-Costa, os valores sitúanse xa nos niveis máximos para esta época do ano, cun 91,39% de ocupación media. Así, con carácter xeral, teñen acadado valores estables e normais para esta época, superando en 18 puntos a ocupación que presentaban en 2017 e case un 6% por riba da media dos últimos cinco anos.
O actual nivel de ocupación dos encoros explícase tamén pola situación meteorolóxica dos últimos meses, que permitiu a total recuperación das presas de abastecemento (actualmente ao 85,60% da súa capacidade) e unha importante melloría naquelas dedicadas a outros usos, como hidroeléctrico ou industrial (91,98%).
Na súa última reunión, a Oficina Técnica da Seca acordara manter en situación de prealerta aos 19 sistemas que compoñen a Demarcación Galicia-Costa polas flutuacións que estaban a experimentar os caudais dos ríos e en previsión de que as precipitacións rexistradas en febreiro terían continuidade no mes de marzo e permitirían consolidar esta tendencia.
Os 19 sistemas de Galicia-Costa estaban en prealerta por seca desde febreiro
Unha vez levantada a alerta no conxunto da demarcación, Roberto Rodríguez avanzou que, segundo as previsións que trasladou á OTS Meteogalicia e tendo en conta as chuvias caídas nesta semana e as que se agardan nos vindeiros días, abril remataría previsiblemente por riba da media en canto a precipitacións, aínda que na segunda quincena a situación tendería a normalizarse, alternando xornadas con chuvia con outras máis estables. Por iso, lembrou a importancia que teñen as precipitacións que se recollan en primavera de cara a que os acuíferos cheguen nas mellores condicións posibles para afrontar o verán.
Neste sentido, o director de Augas lembrou que “nin sequera en Galicia a auga é un recurso ilimitado” e por este motivo fixo un chamamento a que se siga a facer un uso responsable dos recursos hídricos desde todos os ámbitos “antes, durante e despois” dunha seca prolongada como esta.
Cómpre lembrar que a comunidade autónoma vén de vivir unha situación meteorolóxica excepcional, que estivo marcada por cinco estacións consecutivas con precipitacións por debaixo da media histórica e que levou a declarar en toda a conca a situación de prealerta por seca en xaneiro de 2017 e elevala a nivel de alerta a finais do ano pasado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149