Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 08 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Pequenos grandes xornalistas

O alumnado de 5º curso do colexio de Atín entrevistan á alcaldesa de Mos para o seu proxecto do Faro da Escola.

[Img #40228]

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiu ao CEIP de Atín a semana pasada para entrevistarse co alumnado de quinto curso de Educación Primaria. A rexedora local mosense compartiu anécdotas e vivencias co grupo dirixido polo mestre Óscar Rodíguez Rojo, que está a participar no proxecto Faro da Escola do diario Faro de Vigo.


Para convidala a este encontro varios rapaces e rapazas da aula enviáronlle a Arévalo entrañables e emotivas cartas nas que lle dicían: “Queremos saber moitas cousas sobre ti. O alumnado de 5º cren que vostede pode responderlle ás preguntas ou contarnos cousas interesantes sobre o concello de Mos. Sería algo inolvidable que vostede viñera ao centro (Nerea)”, “Gustaríame convidarlle á nosa escola para facerlle unha  entrevista, xa que estamos facendo un proxecto: Faro da Escola. E tamén para o noso blogue de clase. A verdade é que sería unha honra. Moitas grazas por todo o que fixo no concello e nas nosas vidas. Querémoslle moito (Inés)”.


Entre outras cuestións, a alcaldesa respostou a preguntas como cal é a súa canción favorita, que tipo de música lle gusta, mellor virtude, peor defecto, lembranzas da infancia, que proxecto lle gustaría facer no concello que aínda non se puido realizar, que profesor a marcou máis e por que, que asignatura lle gustaba máis de pequena, se cree que os veciños están contentos co seu labor, etc…


Nidia Arévalo amosouse emocionada con esta interesante charla cos nenos e nenas do colexio de Atín, contestando amplamente e amosándose orgullosa do interese e a capacidade de traballo e aprendizaxe dos cativos mosenses. Así mesmo expresoulle a súa gratitude aos nenos e nenas da aula e ao seu profesor “pola invitación, pola boa acollida e polo rato tan agradable que me fixeron pasar”.


Faro da Escola é un proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos. A 1ª edición arrincou no ano 2016. A importancia da información e a maneira de facer xornalismo en diferentes soportes, son os eixos vertebradores deste proxecto educativo. Faro de Vigo trata desta forma de fortalecer o vínculo entre prensa de proximidade e educación, e para iso propón aos centros educativos a realización dun xornal. Esta III edición diríxese de novo aos alumnos de Educación Primaria dos colexios. O desenvolvemento do proxecto é entre os meses de outubro de 2017 e maio de 2018 sendo o 4 de maio a data límite para a entrega dos traballos, e o xoves 24 de maio a entrega de premios. Cada colexio participante poderá realizar o número de xornais que desexe, ata un máximo de seis periódicos por colexio, aínda que a impresión farase dun deles, ben unha mestura dos realizados ou ben o que cada colexio decida.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.