Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 11 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Até o venres 13 de abril aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui

Ofértanse 70 postos de exposición e venda. Celebrarase o 5 e 6 de maio no conxunto histórico.

[Img #40250]

 

Até o venres 13 de abril está aberto o prazo de solicitude para participar na XXII Feira de Artesanía de Tui. A convocatoria vai dirixida a artesáns galegos con Carta de Artesán, ou doutras comunidades co carné acreditativo equivalente.


Ofértanse 70 postos de exposición e venda que se emprazarán na rúa Ordóñez, praza do Concello e Praza de San Fernando o sábado 5 e o domingo 6 de maio de 12 a 22h.  Amais na praza de San Fernando participarán tamén a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e a Asociación de Bordado ao Aire.


Para solicitar un dos postos os artesáns interesados teñen que cubrir o impreso de solicitude, dispoñible na web municipal ou na casa do concello, e envialo xunto con fotocopia da Carta de Artesáns ou equivalente, fotocopia do DNI e varias fotografías do material a expor, todo impreso en  papel A4, ao Concello de Tui.   


O Concello de Tui, a través da concellería de Comercio, realiza a convocatoria desta feira co obxectivo de apoiar a difusión e comercialización do produto artesán, ao tempo que se dinamiza o conxunto histórico da cidade e o centro comercial aberto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.