Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 09 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo anuncia mobilizacións para denunciar a falta de compromiso do Goberno de España coas obras da A-55

[Img #40285]

 

O Concello de Mos e, en representación do mesmo, a súa alcaldesa, Nidia Arévalo, anunciará maña a mobilización que terá lugar o vindeiro venres, día 13 de abril, ás 20.00 horas no Concello para reclamar a reanudación das obras de mellora da autovía A-55 por parte da Dirección Xeral de Estradas do Estado.

 

O Concello de Mos padece as consecuencias de estar atravesado pola vía máis perigosa de Galicia na que se iniciaron unhas obras de mellora fai máis de dous anos (en outubro de 2015). Ditos traballos se viron interrompidos co conseguinte aumento de accidentes, aínda máis numerosos que antes se cabe, ademais de problemas de iluminación nos accesos, … etc.

 

“É por iso que, ante o incumprimento reiterado por parte da Dirección Xeral de Estradas do Estado da data comprometida para a reanudación das obras de mellora, e ante os constantes sinistros que a diario temos que lamentar, dende o Concello vémonos na obriga de defender os intereses da veciñanza de Mos e convocar unha mobilización”, anunciaba Arévalo, rexedora local mosense, no Pleno celebrado hoxe pola mañá, obtendo o respaldo de todos os grupos políticos da Corporación Municipal.

 

O pasado 1 de marzo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse en Madrid co Director Xeral de Estradas de España, Jorge Urrecho Corrales, para tratar a reanudación das obras de mellora da seguridade viaria na autovía A-55.

 

Respecto das obras da A-55, Nidia Arévalo, solicitoulle a Urrecho a reanudación das mesmas e o compromiso de que dita reanudación se producira nunha data inmediata, xa que o de Mos trátase do Concello máis afectado por esta infraestrutura viaria, tanto polos sinistros entre vehículos que diariamente se producen na autovía e que son asistidos polo Servizo Municipal de Emerxencias e pola Policía Local, como polos accesos ao barrio de San Eleuterio en Tameiga, cuxa situación empeorou incluso respecto de antes do inicio da obra, véndose aínda máis deterioradas a iluminación e a sinalización horizontal (pintura) nesta zona. Cómpre lembrar que estas obras de mellora contemplan a acometida dun acceso directo dende a autovía a San Eleuterio.

 

Arévalo logrou o compromiso de Jorge Urrecho a este respecto de que este mesmo mes de marzo reanudaríanse os traballos na A-55. Compromiso que non se cumpriu.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.