GALICIA
Nava Castro salienta o aumento da competitividade do sector hoteleiro galego
Recordou que acumula catro anos consecutivos de crecemento da súa rendibilidade e que Galicia lidera o número de establecementos que teñen o distintivo Q de Calidade Turística en eidos como o turismo rural ou os hoteis.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, salientou o aumento da competitividade do sector hoteleiro galego, que acumula catro anos consecutivos de aumento da súa rendibilidade e que rematou o ano pasado cun incremento de case un 5% no número de traballadores ocupados, e animouno a seguir apostando pola súa profesionalización e formación.
Así o manifestou no Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) durante a clausura da segunda edición de #HotelForumCSHG, o foro impulsado por Turismo de Galicia orientado a estudantes e profesionais do sector turístico. Nel déronse cita numerosos expertos de ámbito nacional e internacional para debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento no negocio hoteleiro.
Durante a súa intervención, Nava Castro salientou a importancia de ter un sector profesionalizado á hora de que Galicia estea a ser “cada vez máis valorada como destino e que o crecemento turístico que estamos a vivir sexa sostido e planificado”, indicou. Referiuse, ademais, ao compromiso dos profesionais galegos coa excelencia, como demostra o feito de que a Comunidade galega lidere en España o número de establecementos con Q de Calidade Turística en eidos como o turismo rural –onde a metade das casas con este distintivo están en Galicia– e o dos hoteis, con case o 20%.
Impulsado por Turismo de Galicia, o foro contou con numerosos expertos que achegaron algunhas das ferramentas para traballar cos novos paradigmas
Esta melloría da competitividade tamén se reflectiu o ano pasado en indicadores como o emprego. O sector turístico de Galicia rexistrou máis de 113.000 ocupados, unha cifra case un 5% superior ao ano anterior. “Neste contexto é momento de seguir traballando na consecución dos nosos retos e compromisos porque nos importan as cifras, pero tamén o benestar dos que aquí vivimos e dos que nos visitan”, indicou Nava Castro.
Innovación e emprendemento
#HotelForumCSHG enmárcase no compromiso de Turismo de Galicia por impulsar a formación continua do sector, como así se reflicte na Estratexia do turismo de Galicia 2020 que dedica unha das súas once liñas especificamente a este capítulo. Esta segunda edición afondou nas últimas tendencias da propiedade dos negocios hoteleiros, a innovación e o emprendemento hoteleiro, así como as novas tipoloxías de aloxamento, entre outros temas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149