MOS
A alcaldesa de Mos califica de "mentiras de GañaMos" as críticas a situación económica municipal
O grupo da oposición "fixo públicos datos falsos argumentando que pertencen a un informe de Tesourería que nin sequera solicitou" sinala.
Ante a nota de prensa emitida por GañaMos sobre o que eles denominan “a mala situación económica do Concello de Mos” a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, lamenta “ter que aclarar unha vez máis as informacións falsas publicadas polos membros deste grupo que son froito da súa mala intención por unha banda e da ignorancia e o descoñecemento, por outra”. “Menos mal que non gobernan o Concello de Mos”, afirma Nidia Arévalo, porque vista a falta de coñecemento demostrada, se o fixeran sería un auténtico desastre”. A rexedora local voltou a empregar a frase “ladran Sancho, señal de que cabalgamos”, ante este "novo ataque totalmente infundado de GañaMos".
Arévalo destacou en primeiro lugar que “dende esta Alcaldía e en xeral dende o equipo de goberno municipal, téñense sempre en conta todos os informes emitidos polos técnicos municipais, incluídos, por suposto, os de Tesourería”. E en segundo lugar advertiu a GañaMos de que “deixen de acusar en falso e dende o descoñecemento, xa que as arcas do Concello de Mos non se atopan en ningunha situación alarmante. O que sucede nestes intres, que é normal e habitual en todas as administracións públicas -dándose xeralmente nos períodos de inicio e peche de exercizo económico-, é que a liquidez vese puntualmente afectada polo desfase entre o ritmo de ingresos e de pagos, xa que o fluxo de ingresos depende do cobro de subvencións e actualmente faltan moitas subvencións pendentes de ingresar. En total, entre a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, están pendentes de ingresarnos máis de 1 millón de euros en axudas”.
Dende o Concello de Mos "estase a traballar para tentar axilizar ó máximo a percepción das subvencións xustificadas, calculando que se poida producir nas próximas semanas e así equilibrar o ritmo entre os ingresos e os gastos municipais" sinalan.
“En calquera caso” sentenciou a alcaldesa mosense “os importes referenciados por GañaMos en nota de prensa son totalmente falsos e probablemente inventados, porque por parte dese grupo nin se solicitaron nin se consultaron expedientes relativos ao departamento de Tesourería”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149