Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 15 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Deputación e goberno incrementarán a posta en valor do Castelo do Sobroso

O goberno de Ponteareas e a Deputación realizaron un seguemento das obras realizadas no Castelo do Sobroso.

[Img #40380]

 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Turismo, Hortensia Bautista; a Tenente de Alcalde Chus Garrote e o Deputado de Turismo, Santos Héctor reuníronse esta semana para continuar coa comisión de seguemento do convenio regulador de Castelo do Sobroso.


O Alcalde e o deputado de Turismo fixeron balance das obras realizadas no castelo durante o inverno valoradas en 316.000€ e abordaron ademais, asuntos relativos á xestión de entradas e do centro de recuperación popular do mesmo que vai seguir en mans da actual concesionaria ata o 31 de decembro de 2018.


O deputado informou ao Alcalde de que este ano dentro da campaña de promoción turística ao abeiro do ano europeo do patrimonio cultural o castelo de Sobroso terá unha especial promoción durante este mes no que se fará fincapé na posta en valor do patrimonio fortificado, arqueolóxico, paisaxístico e etnográfico e durante o mes de xuño no que nos centrarán no patrimonio inmaterial e na importante riqueza de lendas e tradicións vinculadas ao castelo do Sobroso.


O deputado Santos Héctor adiantou que ata o de agora non se puido facer a tala de eucaliptos previstas e acacias porque seguen pendentes dos informes e permisos da dirección xeral de patrimonio para continuar cos traballos iniciados o ano pasado.


No vindeiro mes de maio está previsto unha visita da presidenta da Deputación, Carmela Silva e do Alcalde ao Castelo do Sobroso e a presentación oficial das diferentes iniciativas que realizarán as distintas administracións para a posta en valor deste castelo.


Esta reunión mantívose hoxe coincidindo coa xornada de sensibiización do sector comercial e turístico para que melloren a súa formación e calidade e obter o distitivo de calidade SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos), un proxecto da Secretaría de Estado de Turismo ao que está adherida a Deputación de Pontevedra a través do destino Rías Baixas-provincia de Pontevedra. Este planteamiento engloba tanto os servizos ofrecidos polos compoñentes da oferta turística (hoteis, restaurantes, axencias de viaxes…) como aqueles que, sen selo estrictamente, contribúen á formación da experiencia turística nun destino.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.