MOS
O Club Xadrez Mos celebrou a segunda edición do seu torneo de promoción
Foi o domingo 8 de abril no Centro Dotacional de Torroso e participaron un total de 53 nenos e nenas.
![[Img #40395]](upload/img/periodico/img_40395.jpg)
A pasada fin de semana o Centro Dotaciona de Torroso acolleu o II Torneo Promoción Club Xadrez Mos. O torneo realizouse o pasado domingo, 8 de abril, organizado polo Club Xadrez Mos e contando o evento coa colaboración do Concello de Mos.
Un total de 53 nenos e nenas reuníronse o pasado domingo, 8 de abril, no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso para disputar unha das probas máis enriquecedoras da tempada para o Club Xadrez Mos, a que protagonizan os máis pequenos da casa. Todos eles e elas pertencentes ás escolas do Club Xadrez Mos. Nenos e nenas que están a comezar a dar os seus primeiros pasos no mundo da competición.
Algúns deles xa disputaran a pasada edición deste evento, e este ano déronse cita para seguir empapándose no mundo das 64 casiñas. Descubrindo o funcionamento das competicións e profundando nunha nova paixón que está a espertan neles e elas: o xadrez.
É por iso que esta é unha das probas ás que o Club dá máis importancia dentro do calendario anual, xa que consideran imprescindible mover ás bases. Axitar a canteira, para que cada día sexan máis os mosenses que practican o xadrez, desde idades temperás. E por suposto, consideran no Club Xadrez Mos que de entre estes pequenos e pequenas, seguro sairán grandes xogadores/as que representarán ao club en próximas competicións a nivel federativo.
Como sucedeu en anos anteriores, este torneo é unha rampa de saída, “e que mellor maneira que facelo cos de casa, entre amigos e amigas do Club”, aseguran.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149