DEPORTES
A Copa Galicia de Enduro arrancou no Endurrazo con dobrete do Condado Bike
![[Img #40495]](upload/img/periodico/img_40495.jpg)
A sub23 Desiree Duarte e o máster-40 Tony Pérez comezaron mandando na Copa Galicia de Enduro. Os dous representantes do Condado Bike alzáronse cos triunfos nas clasificacións scratch do Endurrazo e prolongaron en Moaña a súa xeira de vitorias unha semana despois de ter vencido nas súas categorías no Open de España de La Adrada. O auxe desta modalidade en territorio galego refléxano os 205 participantes que se deron cita na proba exitosamente organizada polo THC Bike.
Os outros riders que acadaron os primeiros maillots de líderes do certame autonómico foron David Fernández (Avanza) nos cadetes, Mario Fernández (O Rosal) nos juniors, Esteban Paz (VK Bikes) nos sub23, o portugués José Oliveira e Gabriela Vasconcelos (Terras de Bouro) en elites, Borja Caneiro (DH Galicia) e Eva Abadín (Barbanzabike) en master-30, e Carlos José Táboas (Québici - Marcisport) nos masters-50/60. Fóra da Copa Galicia disputouse a competición amateur con vitoria para José María Fernández (VK Bikes).
Dos cinco treitos cronometrados, o Xurado Técnico decidiu anular o primeiro ao finalizar a proba. Esta decisión tomouse debido á rotura dunha pasarela de madeira que obrigou a desviar aos corredores. O resto do percorrido, moi completo e variado, agradou moito a todos os riders. O segundo treito caracterizouse por ser moi longo e físico. Polo contrario, o terceiro foi moi curto e divertido, mentres que o cuarto presentou un terreo empedrado e o quinto resultou especialmente técnico.
Duelo entre masters
Por 41 segundos de marxe Tony Pérez anotouse o triunfo na clasificación absoluta. O máster-40 do Condado Bike completou os catro treitos cronometrados en 14 minutos e 9 segundos. O actual campión de España máster-30 superou a Borja Caneiro e ao tamén máster-30 Xacobe Melón (Bici O Con), que remataron separados por 1 segundo. No top-10 da táboa scratch destacou a presenza de dous juniors. Mario Fernández asinou a quinta praza e Nicolás Carrera (Coruxo), a oitava.
Tamén rubricou un éxito incontestable Desiree Duarte entre as mulleres. A sub23 ponteareán investiu 17 minutos e 16 segundos, avantaxando en tres minutos á máster-30 Eva Abadín. O terceiro posto ocupouno a elite Gabriela Vasconcelos (20:40).
O Endurrazo 2018 pechouse coroando aos seus campións nunha cerimonia á que asistiron Leticia Santos, alcaldesa de Moaña; María Ortega, concelleira de Muller; Esteban Lorenzo, directivo da Federación Galega de Ciclismo; e Juan Luis Nogueira, presidente do THC Bike. A Copa Galicia regresará o 6 de maio co Enduro Monte Castelo Burela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58