Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 19 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre o prazo de presentación de candidaturas para optar ao III plan de becas municipáis

A oferta amplíase a 7 prazas destinadas á formación como auxiliar administrativo en diferentes departamentos do Concello, sendo a titulación mínima requirida a de Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

O Concello de Nigrán abre  ata o 30 de abril o prazo de presentación de candidaturas para o terceiro plan de becas municipal, aumentando nesta edición a sete o número de beneficiarios (sempre estivo dirixida a 6). Tódalas bolsas son para empadroados no Concello e están destinadas á formación de auxiliares administrativos nos diferentes departamentos municipais, sendo unha das principais novidades desta convocatoria a ampliación do número de titulacións aceptadas, así, establécese que a mínima requirida sexa Ciclo Medio de Xestión Administrativa, aceptándose o ciclo superior da rama de FP de 'Administración e Xestión' e incorporándose por vez primeira como válidas titulacións universitarias da rama xurídico, laboral ou económico-empresarial. "Este aumento do abano de titulacións responde á que nos anos anteriores, cinguíndonos só aos ciclo medios de Xestión Administrativa e Superior de Administración e Finanzas, non obtivemos candidatos suficientes para cubrir as prazas e, en cambio, quedaron fora interesados con titulacións universitarias igualmente válidas para desenvolver as tarefas habituais do Concello", explica o alcalde, Juan González.  

 

As bases foron publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (tamén están a disposición dos interesados na Sede Electrónica) e, como nas anteriores edicións, poderían optar ás becas  titulados do municipio que se atopen en situación de desemprego e non exerceran nunca no seu eido de estudos, sendo a duración de 6 meses prorrogables a outros 6 e as condicións económicas de 800 € brutos ao mes en xornada completa.  Os titores serán os funcionarios responsables de cada ámbito.

 

O Departamento de Desenvolvemento Local (986365000-Extensión 7 ou tle.nigran@nigran.org) ofrece maior información ao respecto a todo aquel interesado en presentar a súa candidatura.

 

"Tendo en conta a dificultade para acadar un emprego hoxe en día, dende o Concello temos o deber de facilitar a adaptación dos desempregados de Nigrán ao mercado laboral ampliando a súa experiencia e formación", resume o alcalde, Juan González. Así, o obxectivo final é que os beneficiarios acaden unha importante vantaxe competitiva á hora de optar ás distintas ofertas laborais existentes tanto na administración pública como na empresa privada. Partindo destas premisas iniciais, o Concello de Nigrán, consciente da situación laboral que está a vivir boa parte da sociedade, ten posta en práctica distintos mecanismos para contribuír a mellorar a inserción dos seus veciños, sendo a convocatoria destas becas un paso máis neste mesmo senso.
   

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.