Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

200 ciclistas participarán a vindeira fin de semana na ‘II Challenge As Rías Baixas’

Pasará polos concellos de Mos, Ponteareas e o Porriño cubrindo unha distancia total de máis de 160 quilómetros

[Img #40528]

 

Douscentos corredores procedentes de distintos lugares de toda España, de Portugal e, por suposto, de Galicia, tomarán a saída o vindeiro sábado, día 21, na II Challenge As Rías Baixas de ciclismo, para máster e júnior, que cubrirá algo máis de 160 quilómetros pasando polos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.


A proba, presentada este pasado mércores no Concello do Porriño polos concelleiros de Deportes de Mos, Julia Loureiro, Ponteareas, Benito Márquez, e O Porriño, Manuel Carrera, xunto co director da organización, Juan Álvarez e Guillermo Sande, en representación da Federación Galega de Ciclismo, transitará o sábado por Mos, saíndo ás 10 e media da mañá do Centro Recreativo e Cultural de Torroso-sobre unha distancia final de 68,7 quilómetros; - e por Ponteareas, iniciándose ás 5 da tarde no Parque Avisoureira, para cubrir 8,7 quilómetros.


 O domingo, día 22, os ciclistas sairán da rúa Domingo Bueno, no Porriño, ás 10 e media da mañá e se agarda que cheguen á meta no mesmo lugar, sobre a 1 da tarde, logo de facer un percorrido que pasará polo sur da provincia.


Esta proba, organizada polo Club Máster da Louriña, e que conta co patrocinio dos tres concellos e da Deputación de Pontevedra, ademais de numerosas firmas comerciais, permitirá, por primeira vez, coma salientou o representante da Federación Galega, “xuntar corredores novos de Ponteareas, que conta con tres gañadores da Volta a España, Mos, que ten un gañador do Tour de Francia, e O Porriño, un berce de ciclistas”.


Os tres concelleiros coincidiron en comprometer o seu apoio á Challengue As Rías Baixas, dado que permite impulsar a práctica do ciclismo, abrir a competición á categoría xuvenil e facer que percorra aldeas e lugares de cada un dos tres concellos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.