DEPORTES
O V Desafío Terras de Turonio preséntase, por 5º ano consecutivo
A proba contará con preto de 450 participantes. A saída está prevista para as 9 da mañá.
![[Img #40532]](upload/img/periodico/img_40532.jpg)
O Desafio Terras de Turonio será, por 5º ano consecutivo, a gran cita do ciclismo de montaña, de longas distancias, por parellas.
A proba de BTT-Maratón por parellas que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, celebrarase este próximo domingo 22 de abril, e está previsto que tomen parte nela preto de catrocentos cincuenta participantes.
A proba, que recibiu o premio de Mellor Evento Deportivo na IV Gala do Deporte tomiñés, celebrada o sábado pasado, foi presentada hoxe no Concello, despois da celebración dunha xuntanza entre Javier Sánchez, da organización; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, e representantes da Policía Local e Protección Civil.
Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado de 104 quilómetros polas serras de Ou Argallo e da Groba, que alcanzan desde a ría de Vigo ata o Río Miño. A saída está prevista para as 9 da mañá.
Coma comentou o concelleiro de Deportes, “na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario a nivel nacional”.
No seu método de realización as parellas que forman cada equipo deben permanecer en todo momento a unha distancia máxima de dous minutos entre ambos, tendo que presentarse xuntos na liña de meta.
As parellas poden ser masculinas, femininas ou mixtas. Este ano, segundo comentaron os organizadores, hai apuntadas 9 parellas que superan, cada unha, os 100 anos de idade.
A beleza do percorrido e o reto de completar unha proba destas características, anima tamén a varios participantes de Portugal e algúns de Castela-León e Asturias, aínda que o 95% vén da propia Comunidade Galega.
Máis información: http://desafioterrasdeturonio.blogspot.com.es/

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58