MOS
Mos fomenta a lectura e o seu símbolo municipal, a rosa, con motivo do Día do Libro
A programación cultural conmemorativa presentouse esta mañá e anunciouse que o luns regalarase un rosal pola compra dun libro nas librerías mosenses.
![[Img #40542]](upload/img/periodico/img_40542.jpg)
Onte presentouse na librería Arte y Ciencia en Peinador a programación municipal organizada con motivo do Día do Libro que se celebrará o vindeiro luns 23 de abril.
Na presentación realizada hoxe estiveron presentes a concelleira de Cultura do Concello de Mos, Sara Cebreiro, a edil mosense de Participación Cidadá, Julia Loureiro e representantes das dúas librerías mosenses, Arte y Ciencia e Librería Raquel (sita na parroquia de Mos), que contaron co apoio e colaboración de David Fernández Rivera (Vigo, 1986), poeta, dramaturgo, compositor e director teatral.
Os presentes anunciaron que o vindeiro luns haberá descontos do 10% nas dúas librerías do municipio e, coa compra dun libro, os clientes recibirán como agasallo un rosal e un marcapáxinas cun poema de David Fernández sobre a rosa. “Ao igual que se fixo o ano pasado, ao mesmo tempo que se fomenta a lectura, poténciase a rosa, emblema e símbolo municipal, a través deste detalle institucional”, declarou Sara Cebreiro.
Pola súa banda Fernández Rivera animou aos veciños e veciñas mosenses a mercar un libro en Mos o 23 de abril porque “mercando un libro estamos mercando soños, liberdade, historia e ilusión, ao tempo que construímos o que somos e o que seremos no futuro”.
Ademais de descontos e agasallos nas librerías, o programa de actos culturais con motivo do Día do Libro inclúe outras iniciativas tales coma o sorteo dun lote de libros entre todas as persoas que visiten a Biblioteca Municipal a semana que ven e leven un libro en préstamo.
Por outra banda o venres 27 de abril levarase a cabo unha sesión de contacontos e maxia ás 19.00 horas da tarde na librería Arte y Ciencia (Avenida Peinador, 85) e o sábado 28 de abril haberá tamén contacontos na Librería Raquel (Estrada Porriño-Redondela, 153) ás 12.00 horas do mediodía.
Por último a compañía Ibú Teatro levará a obra “Fontaneiros” de María Vitoria Moreno (homenaxeada das Letras Galegas 2018) ao auditorio do Multiusos das Pozas o domingo 29 de abril ás 18.00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149