Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 20 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación abre o prazo para anotarse no “obradoiro de xestión cultural con perspectiva de xénero” das tempadas de igualdade

O obradoiro será impartido o 9 de maio por Concha Hernández, directora do Centro Conde Duque Ee do Festival “Ellas Crean”, e enmárcase na iniciativa “Tempadas de Igualdade nas Artes Escénicas” promovida pola asociación “Clásicas y Modernas”.

A Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo para anotarse no “Obradoiro de Xestión Cultural con Perspectiva de Xénero” que será impartido por Concha Hernández, directora do Centro Conde Duque en Madrid e do Festival “Ellas Crean” o vindeiro 9 de maio no Edificio Administrativo da institución provincial dentro da programación da Escola de Igualdade María Vinyals. O obradoiro enmárcase na iniciativa “Tempadas de Igualdade nas Artes Escénicas”, promovida pola asociación “Clásicas y Modernas”, ás que está adeherida a Deputación “para situar á provincia como un motor de cambio do panorama actual da creación cultural no Estado”, tal e como asegurou a súa presidenta.

 

A encargada de impartir o “Obradoiro de Xestión Cultural con Perspectiva de Xénero”, Concha Hernández, dirixe o Centro Cultural Conde Duque en Madrid, un espazo con programación e actividades permanentes centradas na loita pola igualdade, en todos os eidos da xestión. Tamén dirixe o festival “Ellas Crean”, que celebrou xa a súa décimo cuarta edición, e está considerado pioneiro na procura da igualdade no mundo da cultura.

 

A actividade desenvolverase o 9 de maio entre as 12 e as 14 horas e entre as 16 e 18 horas no Edificio Administrativo da Deputación e está dirixida, principalmente, a técnicas e técnicos dos concellos, operadoras e operadores, así como a todas as persoas encargadas da programación e comunicación nos espazos culturais e de Igualdade.  As persoas interesadas poden inscribirse na web www.depo.gal (https://www.depo.gal/escola-de-igualdade-maria-vinyals/tempadas-de-igualdade/obradoiro-xestion-cultural-con-perspectiva-de-xenero) e cubrir o formulario.


O mesmo día, 9 de maio, tamén terá lugar ás 10 de mañá no Pazo provincial a sinatura da carta de apoio por parte da Deputación de Pontevedra ás “Tempadas de Igualdade nas Artes Escénicas” e Mariana Carballal, actriz e profesora de Interpretación da ESAD de Galicia, xunto á presidenta da Deputación, encargaranse de presentar a proposta aos concellos.

 

En liñas xerais, “Tempadas de Igualdade nas Artes Escénicas” é unha iniciativa de carácter altruísta centrada no impulso do papel da muller na cultura. A través dela preténdese instar ás estruturas de produción e difusión e axentes culturais a poñer en práctica os principios de igualdade de xénero, propoñer unha folla de ruta e ofrecer a colaboración experta para a igualdade na cultura. Neste contexto, a presidenta provincial subliñou que “o ámbito da cultura presenta grandes desigualdades e é preciso apostar con recursos e proxectos para facer un cambio na sociedade e poñer en marcha boas prácticas como esta para acadarmos un mundo máis xusto”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.