PROVINCIA
Redondela, O Porriño e Gondomar suman máis de 8.900 veciños residindo no estranxeiro
![[Img #40562]](upload/img/periodico/img_40562.jpg)
Na actualidade hai 150.674 galegos inscritos nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra residindo no exterior, dos que só 44.752, o 29,7% naceron en Galicia. O 70,3% son fillos, netos e mesmo bisnetos nados xa no seu país de destino. Do total de pontevedreses que viven no estranxeiro, 110.253, o 73,17% teñen menos de 65 anos. Os países onde hai maior volumen de poboación da provincia de Pontevedra son A Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Suíza, Alemaña e Francia, por esta orde.
Despois de Vigo, que conta cun censo de 24.760 veciñas e vecinos residindo no estranxeiro, os concellos da zona con máis tradición emigrante son Redondela, O Porriño e Gondomar. Entre os tres suman máis de 8.900 inscritos residindo no estranxeiro.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, sinalou onte o papel chave que o sur da provincia de Vigo ten para a Estratexia Retorna 2020, que vén de ser aprobada polo Consello da Xunta a semana pasada. O documento, que consta de máis de medio cento de medidas respaldadas por todos os departamentos do Goberno galego, está chamada a ter unha incidencia especial nas comarcas de Vigo, Paradanta, O Baixo Miño e O Condado, ás que só en 2016 regresaron 835.
É decir, só o sur da provincia de Pontevedra aportou máis do 16% do total de galegos que regresaron a Galicia, que alcanzaron os 5.125, a cifra máis alta dos últimos anos. Só á comarca de Vigo regresaron e 643 galegos, o 12,5% do total. Trátase dunha cifra significativa para o obxectivo que se marcou a Xunta de Galicia para os vindeiros tres anos, que aspira a facilitar o regreso á comunidade a 20.000 galegos residentes no exterior.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149