O PORRIÑO
Pontellas figura na lista negra de parroquias con máis actividade incendiaria de Galicia
![[Img #40564]](upload/img/periodico/img_40564.jpg)
A Concellería de Medio Rural vén de determinar as parroquias cunha alta actividade incendiaria en Galicia (PAAI) e Pontellas, no Porriño, figura entre as catro galegas na que máis actividade incendiarioa produce. Así entre os anos 2013 e 2017 contabilizáronse 66 lumes nesta área.
Na provincia de Pontevedra son 15 parroquias distribuídas en 12 concellos as que concentran a actividade incendiaria mais preocupante. Trátase de Dozón , Arbo, A Cañiza, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Salceda, Soutomaior, Tomiño, Vigo, Caldas de Reis e Poio.
O feito de que unha parroquia figure nesta lista negra débese a que rexistrasen unha media anual de sete ou máis lumes no últimos cinco anos, ou ben a que dous ou máis lumes arrasasen con 200 hectáreas cada un como mínimo, nos últimos dous anos.
Normativa
A lexislación vixente da Xunta de Galicia establece que ao redor de núcleos de poboación e vivendas illadas deberá crearse unha franxa de protección dun mínimo de 50 metros, que terá que estar limpa de maleza antes do 30 de maio de cada ano e libre de piñeiros, eucaliptos e acacias. Si permite a existencia frondosas (castiñeiros, cerdeiras, …), sempre cunha adecuada separación entre as árbores e unha densidade inferior a 200 exemplares por cada hectárea plantada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149