O PORRIÑO
Sergio Bugarín Morais, candidato único a presidir as Novas Xeracións do Porriño
A organización popular xuvenil celebra o seu congreso local mañá sábado 21 de abril.
![[Img #40612]](upload/img/periodico/img_40612.jpg)
Nunha "aposta firme polo protagonismo da xuventude na política local" e coa mirada posta nas xa próximas eleccións municipais do 2019, as Novas Xeracións do Porriño celebran mañá, sábado 21 de abril, o seu congreso local. A cita, que servirá para renovar a executiva da formación xuvenil e impulsar a figura dos mozos e mozas da agrupación, terá lugar no Restaurante Manolo do Porriño a partir das 12:00 horas.
Unha única candidatura, encabezada por Sergio Bugarín Morais, veciño de Atios de 18 anos, opta á dirixir a formación. Sergio, que cursa actualmente estudos de grao de Ciencias Políticas na USC, concorre á elección para presidente arroupado por un nutrido grupo de mozos e mozas dispostos a traballar polo seu pobo, coa ilusión e empuxe propias da xuventude e a capacidade e responsabilidade de quen quere ser voz dos seus veciños e veciñas.
Entre eles, quen se postula como Secretario Xeral das NNXX do Porriño, Sergio Iglesias Romero, veciño de Budiño de 18 anos que na actualidade cursa estudos de Dobre Grao de Administración e Dirección de Empresas e Dereito na Universidade de Vigo. Xunto a eles, Paz Ferreira Vázquez, licenciada en Dereito e veciña do Porriño, Antía Carrera Couselo de Torneiros, abogada e opositora a Xustiza, Elena Guisande Matos de Budiño, estudante de segundo de bacharelato, José Ferreira Calvar, veciño do Porriño de estudante de 4o da ESO, Ramón Delicado, estudante de 1o de bacharelato de Torneiros ou Carmen Ferreira Calvar, estudante de primer grado de estética e veciña do Porriño.
I Concurso de Ideas "Qué necesita o teu pobo"
Abrindo canles de participación entre a mocidade e o resto da formación, o PP do Porriño organiza a primeira edición do concurso de ideas "Qué necesita o teu pobo, en tres minutos". No certame, que se celebrará coincidindo co congreso de Novas Xeracións, os participantes deberán expoñer as súas propostas, inquedanzas e iniciativas para mellorar O Porriño contando cun tempo de tres minutos.
Un xurado selccionará as tres mellores intervencións, que serán premiadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184