Miércoles, 21 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Sanidade mantén a recomendación de non consumir auga dos pozos situados nas zonas contaminadas por Lindano

Responsables das consellerías de Medio Ambiente e Sanidade mantiveron un encontro coa alcaldesa do Porriño para intercambiar información sobre as tarefas realizadas ata o momento

A Comisión de seguimento sobre a situación dos terreos nos que se ten detectado a presenza de lindano no Concello do Porriño celebrou unha reunión na Delegación Territorial de Vigo, na que participaron representantes das consellerías das Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e de Sanidade, do Concello do Porriño e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

 

Desde a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio indicóuselle aos asistentes á reunión que -en base ao estudo de solos- estase xa a rematar a redacción do proxecto de remediación da pista afectada na zona de Contrasto, o principal foco de contaminación.

 

Tamén desde a Consellería de Sanidade se ofreceu información sobre as tomas de mostra de auga para o seguimento de traídas, pozos e fontes; polo que se mantén a recomendación de non consumir auga dos pozos particulares.

 

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño informou que vén de presentar onte o proxecto de obra de abastecemento de auga aos veciños, que agora debe ser valorado pola Consellería de Sanidade.

 

Dende a Xunta de Galicia aseguran nun comunicado de prensa que se “traballou desde que se ten coñecemento da situación para evitar as vías de exposición da poboación ao lindano, en colaboración co Concello do Porriño”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.