Domingo, 12 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 23 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSOE eleva ó parlamento a petición dunha segunda fase do CEP Altamira

O grupo municipal socialista considera insuficiente a ampliación que se vai acometer e califica a mesma como un mal parche

[Img #40625]

 

O deputado socialista Abel Losada, achegouse este mes a Salceda para coñecer de primeira man a situación educativa en Salceda despois de producirse o anuncio por parte da Xunta de Galicia da ampliación do CEP Altamira.

 

Verónica Tourón, voceira socialista no concello de Salceda, xunto con Gela Ledo e outros membros da agrupación local explicaron ó deputado a situación actual, e definiron a ampliación que vai acometer a Xunta de Galicia como insuficiente “ xa que serían necesarias entre 8 e 10 aulas para arranxar a situación do espazo” explican, “e o proxecto contempla unicamente 4 novas”.

 

Gela Ledo, concelleira, incide ademais na situación que sofren tanto alumnos/as como mestres nos últimos anos: “frío nalgunhas aulas, problemas eléctricos que impiden prender un radiador ou a falta de patios cubertos que leva a que moitos dos rapaces pasen semanas enteiras sen poder saír ó recreo. Sen esquecernos que os baños que utilizan os rapaces son do ano 1974.

 

Por outra banda, explica Tourón “temos o problema do comedor que non é suficiente para todas as familias que precisan este servizo, e a única solución de palabra que da a Xunta é a colocación de dous “contenedores” provisionais para albergar os rapaces e rapazas que non collen no edificio do comedor actual. Solución que nos parece totalmente inapropiada e que ademais é posible que non esteen dispoñibles no comezo do curso.

 

Os socialistas levan tres lexislaturas esixindo unha solución integral para o problema educativo que padecemos e vamos a seguir loitando para elo, polo que presentaremos nos próximos día no Parlamento varias iniciativas para que se acometa unha 2ª fase que solvente o problema na súa totalidade. “A Xunta elixiu de todas as alternativas a que menos lle costaba, sen chegar en ningún momento a barallar a construción dun novo centro e deixando os  problemas sen arranxar. “Un exemplo é que nos últimos anos levan reducido máis aulas e espazos moi importantes para o desenvolvemento persoal e educativo dos nenos/as que as que se van a acometer con esta ampliación”, sinala Abel Losada.”

 

Explican tamén as concelleiras socialistas que ao seu parecer “é vergonzoso que os outros dous grupos, PP e o grupo do alcalde, se feliciten por esta ampliación cando nunca meteron emendas ós orzamentos da Xunta, nin presentaron iniciativas parlemantarias e agora se conformen con un parche 'electoralista' que non da solución ás necesidades dun tema tan importante como a educación".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.