Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 25 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Tui acollerá hoxe saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

Será este mércores, 25 de abril, ás 9h, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo.

Este mércores, 25 de abril, a partir das 09.00 horas, dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, ao carón do río Miño, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago.


As patrullas da Brilat e as patrullas chegadas dende as unidades de Asturias, Córdoba, Badaxoz, Tenerife, Ferrol e Valladolid, tomarán a saída para realizar un total de 120 quilómetros entre Tui e Santiago de Compostela. Ao longo do percorrido  afrontarán sete probas: un percorrido topográfico, unha proba de tiro de precisión, o paso da pista de obstáculos, unha baixada facendo rápel, o paso do río Lerez nadando, lanzamento de granadas e percorridos cronometrados.


A proba rematará o venres 27 ás 11h co acto de clausura e entrega de premios do concurso de patrullas Tui-Santiago na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. A continuación asistirán á misa do Peregrino.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.