Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 24 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

2ª competición da liga galega de Promoción de Slálom

[Img #40683]

 

Este domingo celebrouse nas augas do río Tea, no lugar de Cordeiro en Salvaterra a segunda competición da liga galega de Promoción de Slálom coa participación  dos máis pequenos dos clubs galegos. Algo máis de medio cento de pequenos padexeiros acudiron a cita. O Club Deportivo Miño acudiu ao evento con nove piragüistas, a maioría dos cales tiveron dobre participación ao baixar en kaiak e canoa. Os Teixugos remataron a xornada con oito podios.

 

En K1 Home Infantil  Sergio Rodriguez foi o gañador da proba, Alexis Segadaes subiu tamén ao podio co seu terceiro lugar,  Samuel Castro rematou quinto e Mateo Rivas undécimo.

 

En C1 Infantil o gañador foi Samuel Castro e o seu compañeiro Sergio foi segundo.

 

Na categoría Alevín masculino Adrián LLuch rematou sexto en kaiak e oitavo en canoa.

 

Os nosos representantes máis novos, Sergio Álvarez e Javier LLuch, remataron cuarto e quinto, respectivamente, na categoría benxamín masculina.

 

En categoría feminina os Teixugos solo contaron con participación na categoría Infantil, copando as dúas deportistas os podios de kaiak e canoa. En K1 Ainhoa Barreiro foi a gañadora e Alba Soutelo segunda, e en C1 a gañadora foi Alba, seguida por Ainhoa.

 

No resultado final por clubs o Deportivo Miño volveu gañar cun total de 196 puntos, compartindo podio co Penedo Importa de Caldelas con 149, e o Montaña Quixos de Monforte con 120.

 

A vindeira cita dos Teixugos co slálom será esta semana na Seu D´Urgell, onde Luís Fernández e Brais Castro en canoa e Manuel Ochoa en kaiak , intentarán superar os selectivos para formar parte do equipo español de slálom sénior e Sub-23.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.