• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Jueves, 12 de Febrero de 2026

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Preocupa el incremento de delitos por drogas en O Porriño

      Preocupa el incremento de delitos por drogas en O Porriño

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Una lamprea sin suerte: Salvaterra despide el Entroido con su entierro más multitudinario

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • 935 personas y 18 carrozzas toman Tui: el Entroido despliega su mejor ironía en 37 años de desfile

      935 personas y 18 carrozzas toman Tui: el Entroido despliega su mejor ironía en 37 años de desfile

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Nigrán estrena una 'Oficina del Padrón Virtual' para realizar todos los trámites desde casa

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La Xunta destina 700.000 euros a la digitalización y dinamización del comercio gallego

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Duvi | Vigo
Martes, 24 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
Vigo

Pachi Reigosa elexido novo reitor da Universidade de Vigo por amplia maioría

Emilio Fernández recibiu a confianza do 42% da comunidade universitaria

[Img #40693]

 

Aínda que non foi ata pasadas as 22.00 horas cando se finalizou o escrutinio de todos os votos emitidos ao longo da xornada electoral, un total de 4477, eran pouco máis das 20:30 horas cando o candidato de H2040, Pachi Reigosa, valoraba a súa elección como sexto reitor da Universidade de Vigo. Tras un reconto no que en todo momento se situou por diante do candidato de Ideas que suman, Emilio Fernández, o catedrático de Fisioloxía Vexetal acadou o 57% dos votos, fronte o 42% do seu rival. “Entendo este resultado non tanto como un refrendo persoal cara o noso equipo, senón como un anhelo de cambio de rumbo dentro da Universidade e estou realmente satisfeito porque todos os sectores nos teñan apoiado e apostasen por nós como esa ferramenta do cambio”, asegurou Reigosa, acompañado por parte do seu equipo, co que seguiu os resultados no campus de Vigo. Pola súa banda, Emilio Fernández, que tamén elixiu o campus vigués para facer o seguimento da votación sinalou que “non desbotábamos este resultado, porque nunha situación posterior á crise na que o cambio é unha mensaxe que vende ben, poderían ter éxito tranquilamente. Tamén é certo que as agregacións de grupos de persoas de diferentes orixes fai más complicado organizar as alternativas, pero creo que a comunidade universitaria quere un cambio drástico, máis que un moderado”.

 

Na xornada electoral deste luns emitíronse un total de 4477 votos (4351 deles válidos), dos cales 2534 foron para Horizonte 2040 e 1685 para Ideas que Suman, impoñéndose a candidatura de Reigosa en todos os sectores, cunha ampla diferencia principalmente entre o alumnado. Unha vez ponderado o voto, o resultado deixa unha porcentaxe total de votos do 57.55 % para Pachi Reigosa e 42.45 % para Emilio Fernández. Así, Reigosa obtivo 1163 votos ponderados entre o PDI-A, fronte aos 988 de Fernández; 226 fronte a 153 en PDI-B; 779 fronte a 486 en alumnado e 259 fronte a 162 entre o PAS.

 

 

As eleccións en cifras

 

Atendendo á participación, o dato acada o 22% do censo, sendo a máis alta a do sector PDI-A cun 86.16%, seguida polo PAS cun 77.79%, o sector PDI-B co 59.89% e o estudantado co 14.8%. Este último dato é moi superior a da anterior cita electoral, cando votou tan só o 3% do alumnado.

 

Por campus, en Vigo emitíronse 2633 votos válidos, dos que 860 foron para Emilio Fernández e 2481 para Pachi Reigosa. Neste campus, Reigosa gañou en todos os sectores, PDI-A, PDI-B, alumnado e PAS. No campus de Pontevedra votaron 773, dos cales 365 optaron pola candidatura de Emilio Fernández e 388 pola de Pachi Reigosa. Por sectores, Reigosa impúxose en PDI-A, PDI-B e PAS, mentres que o alumnado deste campus optou por Fernández. O campus de Ourense foi o máis axustado, xa que dos 945 votos válidos, 465 foron para Pachi Reigosa e 460 para Fernández. Deste xeito, Reigosa impúxose entre o PDI-A e o PAS e Fernández entre o PDI-B e o estudantado.

 

Atendendo ao voto non ponderado, Reigosa impúxose en todos os centros, con excepción de Ciencias, Ciencias da Educación e do Deporte, Ciencias Sociais e da Comunicación, EE de Telecomunicación e Ciencias do Mar, mentres que en Dereito empataron a votos.

 

 

Un equipo que vai ser quen de cambiar o rumbo da universidade

 

Tras confirmar o respaldo maioritario da comunidade universidade que hoxe exerceu o seu dereito a voto, Pachi Reigosa manifestou a satisfacción polo traballo realizado polo seu equipo “un traballo moi intenso. Presentamos un proxecto ilusionante e eu teño unha responsabilidade porque teño medo de non estar á altura dese listón que temos fixado. Eu espero que si, non polas miñas condicións, senón polas do meu equipo, que creo que vai ser quen de botar a andar esta universidade e cambiar o rumbo” asegurou o candidato de H2040, que considera que a Ideas que suman puido pasarlle factura o ser continuista, mentres que “se nós gañamos en todos os sectores foi polo desexo de cambio”.

 

Quen se converterá no sexto reitor da Universidade de Vigo lembrou a aposta da súa candidatura por un cambio de talante, “entendemos que durante este período houbo pouca negociación, pouco diálogo e os órganos de goberno utilizáronse como unha especie de bloque monolítico no que que era imposible facer chegar propostas diferentes”. Neste sentido Reigosa agarda que a comunidade universitaria participe a partir de agora nos órganos de goberno e de decisión en xeral, ao tempo que agardan “ser quen de revitalizar o Claustro que penso que é unha materia pendente para a Universidade”. Reigosa agradeceu especialmente o apoio maioritario que o estudantado prestou a súa candidatura, “creo que hai un tema de credibilidade”, afirmou, ao tempo que lembrou as reunións que mantivo, tanto con delegacións de estudantes, representantes en xuntas de centro e “bueno parece que lles gustou a nosa mensaxe”.

 

Sobre que fará ao día seguinte da súa elección, Reigosa mesmo fixo unha chiscadela asegurando que “eu pensaba empezar a organizar a oposición porque cría que tiñamos bos vimbios para o facer unha oposición como deus manda, pero vou ter que cambiar de tocata e imos darnos un par de días e empezaremos a tomar as primeiras medidas, que non hai moito que pensar porque están todas no programa electoral”, explicou.

 

 

Unha vida vinculada á Universidade e un equipo para o cambio

 

Manuel Reigosa Roger (Vigo,1958) é catedrático da Universidade de Vigo desde a súa creación en 1990. É licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía. Participou con asiduidade en órganos de goberno, destacando o traballo nas tres comisións de Estatutos, incluíndo a constituínte. Como responsabilidades de goberno, traballou como secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, dúas veces decano da Facultade de Ciencias (hoxe escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación. É autor de máis de 100 artigos de investigación e editor de cinco libros para editoriais. Con cinco sexenios investigadores e seis sexenios docentes recoñecidos, na actualidade está centrado no traballo editorial, incluíndo a tarefa de editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas e Allelopathy Journal) e a participación como editor asociado en noutras tres (PLOS ONE, Acta Physiologia Plantarum e Weed Biology and Management).

 

Seis mulleres e seis homes integrarán o equipo de goberno que encabeza Pachi Reigosa. A Secretaría Xeral estará ocupada polo profesor titular da Área de Dereito Internacional Privado Miguel Ángel Michinel Álvarez, mentres que Jorge Genaro Soto Carballo, profesor contratado doutor do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, ocupará o cargo de vicerreitor do campus de Pontevedra e María Esther de Blas Varela, profesora titular do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo na Facultade de Ciencias, será a vicerreitora do campus de Ourense. En canto ás vicerreitorías, a de Planificación e Sostibilidade estará ocupada polo catedrático do Departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos José Luis Míguez Tabarés; a de Comunicación e Relacións Institucionais pola profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, Mónica Valderrama Santomé; a de Economía será responsabilidade do director do Departamento de Fundamentos de Análise Económica, José María Martín Moreno; á fronte da Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria estará a actual directora da Escola de Enxeñaría de Minas Enerxía, Natalia Caparrini Marín, mentres que a decana da Facultade Ciencias do Mar, Belén Rubio Armesto, ocuparía a Vicerreitoría de Investigación.

 

O equipo de goberno complétase coas vicerreitorías de Ordenación Académica e Profesorado que dirixiría o docente do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías das Comunicacións Manuel Ramos Cabrer; a de Responsabilidade Social, Igualdade e Cooperación coa profesora titular na Facultade de Ciencias da Educación María Isabel Doval Ruiz; a de Transferencia coa docente do Departamento de Enxeñaría de Materiais, Mecánica Aplicada e Construción María Consuelo Pérez Vázquez e a Vicerreitoría de Internacionalización co catedrático de Nutrición e Bromatoloxía Jesús Simal Gándara á fronte.

 

 

Sorte e acerto para o novo reitor

 

O candidato de Ideas que suman, Emilio Fernández, felicitou a Reigosa pola súa vitoria e asumiu os resultados que lle outorgaron un 42% dos votos. “Creo que a nosa campaña moi en positivo, que evitou a confrontación en todo momento, posiblemente non nos permitiu que a nosa mensaxe calase en todo o profesorado, aínda así estamos moi contentos da campaña feita e cremos que temos un proxecto interesante para a Universidade” asegurou Fernández que avanzou que a partir de agora tratarán de facer propostas en positivo, “non como oposición, senón construíndo e achegando todas as ideas que cremos que son boas para a Universidade”.

O catedrático de Ecoloxía que desexou “sorte e acerto” ao novo reitor, considera que “a comunidade universitaria quería un cambio máis radical do que nós propoñíamos porque o noso era un cambio moderado e suave, mantendo os aspectos ben feitos dos equipos actuais. A xente quería un cambio máis drástico e hai propostas que nós non soubemos explicar suficientemente”, lamentou Fernández, que lamentou a derrota pola xente que durante meses traballou intensamente ao seu lado. “Isto non é política ordinaria, seu son claustral e participarei no Claustro achegando as miñas ideas, pero nunca como un grupo de oposición”, explicou Emilio Fernández.

 

 

En Ourense Horizonte 2040 gaña en PDI doutor e PAS

 

No campus de Ourense foron 945 os votos válidos depositados nas urnas habilitadas nos seus sete centros. A candidatura de Pachi Reigosa gañou no sector de PDI doutor con vinculación permanente (81 fronte a 69) e no do persoal de administración e servizos (37 contra 36). No restante PDI (56 contra 53) e en estudantes (299 fronte a 294) foi máis votada a candidatura de Emilio Fernández. No relativo aos centros, a candidatura de Horizonte 2040 foi a máis votada en todos os centros e todos os colectivos excepto en todos os sectores da Facultade de Ciencias; no PDI doutor con vinculación permanente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Facultade de Historia; no restante PDI de Dereito, de Historia e da Escola Superior de Enxeñaría Informática e no alumnado de Dereito, empatando as dúas candidaturas no restante PDI de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

 

Moi agradecida polo apoio recibido tanto na campaña como nas votacións, Esther de Blas “asimilaba” este resultado electoral “pensando xa no moito que hai que facer” cando asuma a Vicerreitoría do Campus de Ourense. A candidata de Horizonte 2040 destacou como nesta nova etapa que se abre para o campus de Ourense “o que espero é poder ser alguén con quen se poida falar e cumprir os obxectivos do noso programa: acadar máis autonomía para o campus; mellorar o contacto coas empresas, coa sociedade e co rural; fomentar a colaboración entre grupos de investigación e seguir traballando tanto por ser un campus inclusivo como polo benestar de todas as persoas que estamos aquí”. “Pouco a pouco, día a día, traballaremos por cumprir os nosos compromisos”, afirmou. A título persoal, apuntou a profesora da Facultade de Ciencias, asumir o cargo de vicerreitora “supón un reto enorme que completa a miña traxectoria”.

 

 

Horizonte 2040 vence entre o PDI e o PAS do campus pontevedrés

 

Con 773 votos válidos emitidos, a candidatura de Pachi Reigosa foi tamén a máis votada no campus de Pontevedra, onde Horizonte 2040 se impuxo por un voto no sector de PDI A (53 fronte a 52), ao que sumou as súas vitorias no sector de PDI B (49 fronte a 32) e no do PAS (39 fronte a 27). Ideas que suman, pola contra, acadou maior número de apoios entre o alumnado do campus, 254 fronte aos 247 de Horizonte 2040. No relativo aos centros, a candidatura de Reigosa foi a máis votada en todos os sectores nas diferentes facultades e escolas do campus pontevedrés, coas excepcións de Ciencias da Educación e do Deporte, onde Ideas que suman foi a candidatura máis votada en todos os sectores, no PDI A e no PAS da Facultade de Belas Artes e no alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

“Obviamente, recíbese con moita responsabilidade, pero tamén con todo o afecto daquela xente que considera que somos a mellor opción para o campus de Pontevedra e para a Universidade”. Deste xeito recibía o futuro vicerreitor de campus, Jorge Soto, a vitoria de Horizonte 2040 nestas eleccións. O profesor de Ciencias da Educación e do Deporte quixo nese senso agradecer a confianza da comunidade universitaria, así como a súa “estupenda participación” nunhas votacións “nas que a final, quen gaña é a Universidade”. Así mesmo, Soto quixo tamén “agradecer de xeito moi significativo” ao vicerreitor en funcións e candidato á Vicerreitoría do campus por Ideas que suman, Juan Manuel Corbacho, por “toda a súa xenerosidade e bo facer”. Nese senso, sinalou que o seu primeiro propósito será precisamente “sentarme a falar con Corbacho para ver aqueles proxectos que están agora en marcha ou pendentes de execución e seguir traballando polo campus”.

Noticia anterior:
Tres medallas para el bádminton vigués en el Campeonato Gallego Sub 13 de Bádminton
Noticia siguiente:
Feijóo anuncia a creación dun campus de FP en Vigo que será único en España
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Arenillas (Soria) busca familia con hijos ofreciendo una vivienda gratuita, trabajo de albañil y la gestión de su bar

Arenillas (Soria) busca familia con hijos ofreciendo una vivienda gratuita, trabajo de albañil y la gestión de su bar

El impacto del Super Bowl: Bad Bunny dispara sus reproducciones en España tras su actuación

El impacto del Super Bowl: Bad Bunny dispara sus reproducciones en España tras su actuación

La edad legal de jubilación sube a 66 años y 10 meses en 2026

La edad legal de jubilación sube a 66 años y 10 meses en 2026

Alerta por una nueva oleada de phishing que suplanta a la Agencia Tributaria

Alerta por una nueva oleada de phishing que suplanta a la Agencia Tributaria

Opinión

El maltrato animal denigra el alma humana...

Trashing: cuando nuestra basura se convierte en el botín perfecto

Vigo, la ciudad que se quedó sin techo

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Detenido en Gondomar un hombre con una decena de delitos tras una serie de robos y fraudes

Detenido en Gondomar un hombre con una decena de delitos tras una serie de robos y fraudes

Investigan a dos vecinos de Pontecesures por daños graves en bancos urbanos con monopatines

Investigan a dos vecinos de Pontecesures por daños graves en bancos urbanos con monopatines

Guardia Civil retira un centenar de detonadores pirotécnicos en una playa de Poio

Guardia Civil retira un centenar de detonadores pirotécnicos en una playa de Poio

Un banco deberá reintegrar casi 300.000 euros a un cliente por transferencias fraudulentas

Un banco deberá reintegrar casi 300.000 euros a un cliente por transferencias fraudulentas

Agenda

Febrero 2026
LunMarMieJueVieSabDom
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728 

Galicia

Lorenzana reclama unir ciencia, empresa e inversión para generar empleo cualificado en Galicia

Lorenzana reclama unir ciencia, empresa e inversión para generar empleo cualificado en Galicia

La Xunta destina 400.000 euros a las ANPA para formar en igualdad

La Xunta destina 400.000 euros a las ANPA para formar en igualdad

Provincia

Europa impulsa la candidatura del río Miño a Reserva de la Biosfera

Europa impulsa la candidatura del río Miño a Reserva de la Biosfera

Abierto hasta el 5 de marzo el plazo para solicitar ayudas para servicios de normalización lingüística

Abierto hasta el 5 de marzo el plazo para solicitar ayudas para servicios de normalización lingüística

Deportes

El Vigo-Rías Baixas comprueba su puesta a punto en Almagro

El Vigo-Rías Baixas comprueba su puesta a punto en Almagro

El atletismo gallego máster brilla con dieciséis récords autonómicos en Ourense

El atletismo gallego máster brilla con dieciséis récords autonómicos en Ourense

Marcos Garabatos, del CN Mos, afronta su primer gran reto del año con la selección gallega infantil

Marcos Garabatos, del CN Mos, afronta su primer gran reto del año con la selección gallega infantil

Motor

El futuro Porsche de Fórmula E supera los 800 CV y redefine los límites en su fase de pruebas

El futuro Porsche de Fórmula E supera los 800 CV y redefine los límites en su fase de pruebas

Salud

Un estudio gallego detecta alteraciones en péptidos amiloides en la sangre de pacientes con depresión mayor

Un estudio gallego detecta alteraciones en péptidos amiloides en la sangre de pacientes con depresión mayor

España lidera el consumo mundial de benzodiacepinas, una señal de alarma sobre la salud mental

España lidera el consumo mundial de benzodiacepinas, una señal de alarma sobre la salud mental

La IA revoluciona la odontología: detecta caries antes que el ojo humano y acorta los tratamientos

La IA revoluciona la odontología: detecta caries antes que el ojo humano y acorta los tratamientos

Turismo

La revista 'Ad Limina' refuerza su rigor científico para divulgar el Camino con vistas a 2027

La revista 'Ad Limina' refuerza su rigor científico para divulgar el Camino con vistas a 2027

Hogar

Diseño 2026: la cocina se consolida como un espacio multifuncional, sostenible y tecnológico

Diseño 2026: la cocina se consolida como un espacio multifuncional, sostenible y tecnológico

Cómo aprovechar las esquinas en casa

Cómo aprovechar las esquinas en casa

El Supremo obliga a los bancos a pagar las costas si el consumidor gana la apelación por cláusulas abusivas

El Supremo obliga a los bancos a pagar las costas si el consumidor gana la apelación por cláusulas abusivas

Seguridad | Protección Civil

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Cómo prepararse y actuar ante un apagón eléctrico masivo o prolongado

Tormentas de invierno y frío extremo | Consejos de seguridad

Tormentas de invierno y frío extremo | Consejos de seguridad

Tres medallas para el bádminton vigués en el Campeonato Gallego Sub 13 de Bádminton

Feijóo anuncia a creación dun campus de FP en Vigo que será único en España

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder