Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 27 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Un Encontro Cultural reunirá a unha decena de grupos de música tradicional

O evento, que conta coa colaboración do Concello de Tomiño, terá lugar na Casa da Cultura, o vindeiro sábado, a partir das cinco da tarde.

O Encontro Cultural Federación de Asociacións Terra Miño chega a súa 11ª edición. Para celebralo, as asociacións O Árbore e Xanela reunirán, o vindeiro sábado 28 de abril, entre as 17.00 e 21.00 horas, unha decena de grupos de música tradicional; entre eles,  Airiños Novos de Pinzás, Coro Orballo de Currás, Pandereteiras de Sobrada, Pandereteiras do Aloia, Grupo de Acordeóns de Forcadela, Grupo Folclórico Cacharela de Taborda e Coro Cantares de Tebra.


Serafín Rodríguez Barreiro, presidente da Federación, explica que este décimo primeiro encontro ten coma obxectivo principal, que o traballo das diferentes asociacións e grupos se coñeza. “A nosa prioridade é tratar que os veciños se reúnan periodicamente para intercambiar puntos de vista e ver o traballo dos demais, e con iso, fomentar a boa convicencia entre todas as entidades”, comenta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.