Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A romaría da Picaraña inclúe unha acampada 
organizada polo grupo scout Bosquetea

A acampada libre no recinto do albergue estará suxeita ás normas de convivencia.

[Img #40738]O concello de Ponteareas, as Comunidades de Montes de Ponteareas, Arcos, Prado e Pías, asociación de veciños de Arcos e Canedo, as casas culturais de Arcos, Prado e Bugarín, a Peña Cabalar Ao Galope, Discamino, o grupo Scout Bosquetea e os Camiñantes do Condado organizan a Romaría da Picaraña que este ano inclúe na súa programación unha acampada para nenos e nenas de 7 a 14 anos organizada polo grupo scout Bosquetea que se desenvolverá no recinto do albergue municipal da Picaraña. A acampada comezará ás 17 horas do luns 30 de abril, finalizará sobre as 16:30 horas do día seguinte e constará de múltiples actividades ao aire libre, en contacto coa natureza e de exploración.

 

Para participar na acampada infantil é precisa a inscrición previa en bosquetea@gmail.com ou no teléfono 698.129.529. Os participantes deberán levar saco de durimr e esterilla, comida, roupa e calzado axeitado e útiles para a exploración como prismáticos ou silbato.

 

Acampada Libre
Por outra banda, os organizadores recordan que para a acampada libre no recinto do albergue é preciso inscribirse na biblioteca municipal para cumprimentar o impreso de solicitude ou obter máis información no teléfono 672 10 54 68. Os interesados deberán cumprimentar unha solicitude aceptando unha serie de normas de obrigado cumprimento entre as que salientan a prohibición de realizar lume, a obriga de non perturbar o descanso e tranquilidade do campamento, polo que non se permite utilizar equipos de música e xeradores, así como a obriga de manter limpo o recinto, respectando as instalacións, árbores e plantas.

 

Os organizadores pretenden que a acampada sexa coherente co significado dunha romaría popular e tradicional nun espazo natural como A Picaraña.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.