GALICIA
A CIG denuncia "represión" aos folguistas da xustiza
Están convocadas asembleas de traballadores/as en folga este xoves en todas as cidades galegas.
![[Img #40754]](upload/img/periodico/img_40754.jpg)
A sección sindical da CIG en San Caetano vén de denunciar o uso, por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, da policía “para fins políticos”. Asegura que as traballadoras e traballadores de Xustiza en folga que acampan diante do edificio da Xunta de Galiza podían, até o de agora, acceder á cafetería ou ao local sindical sen problema pero que, desde hoxe, impídeselles o acceso porque “levan camisetas de cor azul co lema “Xustiza en loita. Dignidade e Resistencia”.
Mañá xoves, día 26 de abril, terán lugar asembleas, convocadas por petición expresa das traballadoras e traballadores do sector de Xustiza, en todas as cidades galegas. Trasladada a petición ás 7 organizacións sindicais só confirmaron a asistencia a AXG-CUT, STAJ e CIG.
Represión
Respecto da actuación policial contra o persoal de Xustiza, a sección sindical da CIG de San Caetano, que reitera a súa solidariedade con este colectivo, denuncia que “ao PP xa non só lle molesta o amarelo, tamén o azul e como sigan con esta represión de protestas pacíficas o único que van deixar é o gris da época de Franco”.
Ademais manifesta o seu apoio aos folguistas porque “non é a súa loita, é tamén a nosa, a de todas as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza e a de todas as persoas que cren nuns servizos públicos dignos pero sobre todo na liberdade de expresión”.
Por iso convida a todo o persoal da administración a pasar pola acampada a amosar a súa solidariedade e apoio.
A sección sindical da CIG en San Caetano vén de denunciar o uso, por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, da policía “para fins políticos”. Asegura que as traballadoras e traballadores de Xustiza en folga que acampan diante do edificio da Xunta de Galiza podían, até o de agora, acceder á cafetería ou ao local sindical sen problema pero que, desde hoxe, impídeselles o acceso porque “levan camisetas de cor azul co lema “Xustiza en loita. Dignidade e Resistencia”.
Represión
Respecto da actuación policial contra o persoal de Xustiza, a sección sindical da CIG de San Caetano, que reitera a súa solidariedade con este colectivo, denuncia que “ao PP xa non só lle molesta o amarelo, tamén o azul e como sigan con esta represión de protestas pacíficas o único que van deixar é o gris da época de Franco”.
Ademais manifesta o seu apoio aos folguistas porque “non é a súa loita, é tamén a nosa, a de todas as traballadoras e traballadores públicos da Xunta de Galiza e a de todas as persoas que cren nuns servizos públicos dignos pero sobre todo na liberdade de expresión”.
Por iso convida a todo o persoal da administración a pasar pola acampada a amosar a súa solidariedade e apoio.
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119