Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 27 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

As obras de asfaltado do Contrasto rematan esta mesma semana

Este venres os técnicos e a directora da obra reúnense para tratar do proxecto para levar a rede de abastecemento a todo o barrio

[Img #40760]

Onte quedaba rematado o asfaltado no barrio do Contrasto, en Torneiros, para tapar o pavimento nas zonas da catas realizadas polos técnicos da Xunta de Galicia que tomaron mostras para a realización dun ‘mapa’ sobre a presencia de lindano.


As obras,  que como todas as realizadas ata hoxe, están financiadas polo Concello do Porriño, contaron cun orzamento dun 30.000€ destinados, ademáis da realización do asfaltado, ao transporte de contedores e xestión das terras.


Para as vindeiras semanas está previsto o inicio dos traballos para levar a rede municipal de saneamento a todas as vivendas deste barrio. Coma paso previo, este mesmo venres, día 27 de abril, no Concello do Porriño, está convocada unha xuntanza entre técnicos da Xunta de Galicia, do Consorcio de Augas do Louro, do Concello do Porriño e a enxeñeira que dirixirá os mesmos.


Hai que lembrar que este proxecto, que estaba xa deseñado a finais do ano pasado, e que contará cun orzamento de 350.000€ que será asumido na súa totalidade con fondos municipais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.