MOS
Mos recolle o diploma de Concello Doing Business
O mosense é un municipio que favorece e fomenta a implantación e fixación de empresas no seu territorio e crea incentivos para consolidar a decisión das empresas de implantarse nel mediante bonificación no pago de impostos e taxas, entre outras medidas.
![[Img #40798]](upload/img/periodico/img_40798.jpg)
A semana pasada a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recibiu en Santiago de Compostela nun acto de entrega, o diploma de Concello Emprendedor ‘Doing Business’ de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.
A data de hoxe a administración local mosense é unha das 4 únicas de toda a provincia de Pontevedra que conta con esta distinción, xunto con Moraña, Arbo e Ribadumia (o total de concellos pontevedreses é 61). Actualmente en Galicia existen un total de 47 concellos ‘Doing Bussines’ (sendo o total de concellos galegos de 313). O de Mos foi dos primeiros municipios en adherirse ao convenio coa administración autonómica e un dos únicos que aprobou a devandita adhesión xa dentro do pasado ano 2017.
No Pleno Ordinario da Corporación municipal mosense que se celebrou o 30 de outubro do ano pasado o Concello de Mos aprobaba a adhesión ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP, Concellos ‘Doing Business Galicia’, para fomentar a implantación e fixación de empresas no termo municipal de Mos.
As medidas que implica a adhesión a este convenio son unha serie de bonificacións nos Imposto de Bens Inmobles, Imposto de actividades económicas, Imposto de instalacións, construcións e obras e as Taxas pola prestación de servicios urbanísticos ou equivalentes e a Taxa pola apertura de establecementos para as empresas que decidan instalarse e abrir as súas portas no Concello de Mos.
No Imposto sobre bens inmobles (IBI), no Imposto sobre actividades económicas (IAE) e no Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO) as porcentaxes de bonificación son dun 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, dun 75% pola creación de entre 11 e 20 postos de traballo e dun 50% pola creación de ata 10 postos de traballo.
Nas Taxas pola prestación de servizos urbanísticos ou equivalentes e pola apertura de establecementos, establécese a non suxeición a dito tributo ós autónomos e empresas que soliciten licenza de obra, de apertura, ou verificación “a posteriori” de comunicación previa para levar a cabo a súa implantación no termo municipal, así como para a ampliación dun establecemento empresarial xa existente sempre que conleve a creación de novos postos de traballo.
Todas as bonificacións manteranse durante tres exercizos orzamentarios, e concederanse a petición do interesado, unha vez que acredite que se cumpren as condicións requeridas para ser beneficiario de ditas bonificacións.
Grazas á adhesión á iniciativa “Doing-Bussines Galicia” o Concello de Mos verase beneficiado das diferentes medidas que vai promover a Xunta de Galicia coa finalidade de alcanzar o obxectivo de favorecer e fomentar a implantación de empresas no territorio mosense. Medidas tales como a discriminación positiva á hora de solicitar subvencións destinadas a investimentos e gastos nos eidos industrial, do emprego e do emprendemento, cando as mesmas sexan convocadas en réxime de concorrencia competitiva; integrar o solo industrial mosense no Observatorio de Solo Empresarial creado pola Xunta de Galicia co fin de centralizar a información relativa á oferta de inmobles empresariais (naves, parcelas, oficinas, viveiros de empresas…), e ofrecer ás empresas e emprendedores unha localización en Galicia para o desenvolvemento da súa actividade; e creación dunha marca territorial, asociada á Oficina Doing Business, como plataforma de colaboración para reducir as cargas administrativas ás empresas e que funcione a modo de xanela única -de xeito que o Concello de Mos adquire a condición de “Concello Doing-Bussines Galicia”, o que suporá un reforzo do posicionamento global deste Concello con respecto aos non integrados nesta marca territorial-.
No acto de recepción do diploma a semana a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, salientaba “a importancia a importancia da adhesión a este programa cuxos obxectivos son impulsar medidas que favorezan e fomenten a implantación e fixación de empresas no territorio mosense e crear incentivos para consolidar a decisión das empresas de implantarse en Mos”.
Así mesmo Arévalo declarou que “con esta adhesión dende o Concello de Mos queremos responder ás necesidades do tecido produtivo con menos trabas burocráticas, máis incentivos fiscais e máis facilidades para a adquisición de solo industrial, para que iso se traduza en riqueza e emprego”, e insistiu en que “queremos que toda empresa que se decida a investir en Mos non atope a porta da administración local pechada, senón todo o contrario”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149