Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 30 de Abril de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A OMIX de Ponteareas anuncia a apertura do prazo de inscrición para os campamentos de Verán

A Concellería de Mocidade informa que ata o 18 de maio estará aberta a inscrición para os campamentos.

 

 

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe a nacionalista Verónica Carrera, ven de anunciar que ata o vindeiro 18 de maio está aberto o prazo  para inscribirse nos Campamentos de Verán de 2018 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.


A participación na oferta da Campaña de verán 2018 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).


Os campamentos son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!


As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).


No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

 

En canto as idades mínima e máxima para participar na Campaña de Verán 2018 compre destacar:
As persoas nacidas no ano 2000, non poderán cumprir os 18 anos antes da finalización do campamento.
As persoas nacidas no ano 2009 deberán ter cumpridos 9 anos no momento do inicio do campamento.


Ademais dos Campamentos, a Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, ( Campos de traballo, Actividades de 18 a 30 anos, e Oferta Concertada ) que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.


Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ponteareas situada na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana ou chamar ao teléfono 672 10 54 68.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.