Mos
As librarías de Mos celebran o Día do Libro con maxia e contacontos
![[Img #40817]](upload/img/periodico/img_40817.jpg)
O Concello de Mos continúa coa súa programción do Día do Libro nas librarías do municipio e no Auditorio das Pozas durante todo o fin de semana. A Libraría Arte Ciencia acolleu este venres, con gran éxito de público, o espectáculo de maxia e animación á lectura “O viaxante, o vendedor ambulante”, unha aventura máxica a través dos libros a cargo do mago Diego G. Hermida; unha actividade coa finalidade de fomentar a lectura e desenvolver a imaxinación dos nenos, tanto de primaria coma de infantil. Ao acto acudiu a edil Julia Loureiro en representación do Concello.
O sábado 28 haberá sesión de contacontos na Libraría Raquel ás 12.00 horas, os nenos poderán desfrutar do conto "O amigo de Xoaniña que non sabe ler". Para rematar, o domingo ás 18.00 horas, no Multiusos das Pozas, a compañía Ibú Teatro representará a obra "Fontaneiros", de María Vitoria Moreno, homenaxeada nesta edición do Día das Letras Galegas.
Cada ano, o Día do Libro toma máis relevancia no concello grazas á implicación da Concellería de Cultura, que dirixe Sara Cebreiro, na dinamización das librarías; especialmente agora que veñen agasallando un rosal a todos os que mercan un libro nesta data tan sinalada. Ademais, nesta ocasión, repartíronse marcapáxinas co poema “La rosa” do poeta David Fernández Rivera, un xeito de potenciar o símbolo de Mos ao tempo que se fomenta a lectura entre todos os veciños e veciñas. As librarías convértense, deste xeito, en espazos cruciais para o desenrolo e a divulgación da cultura no municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149