Salceda de Caselas
O CEP Altamira de Salceda pon en funcionamento unha aula multisensorial
Nun paso máis para facilitar a inclusión, o CEP Altamira de Salceda de Caselas puxo en funcionamento unha novidosa aula de estimulación multisensorial, unha iniciativa que resulta moi innovadora nun centro ordinario, polo que tivo recibido os parabéns de diferentes instancias do mundo educativo. A súa posta en funcionamento foi sufragada na súa totalidade pola Consellería de Educación, asumindo parte da man de obra o concello de Salceda de Caselas. Precisamente esta semana, o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares visitou a innovadora aula.
Pero...que é unha aula de estimulación multisensorial?
Unha aula de estimulación multisensorial é un espazo habilitado para que os alumnos con algún tipo de necesidade educativa poidan interactuar co medio a través da estimulación dos seus sentidos. É un espazo ideal para traballar a través da relaxación e a estimulación, polo que se converte nunha contorna óptima para a educación especial.
A principal finalidade de os espazos ou aulas multisensoriais é que os nenos teñan a oportunidade de estar expostos a estímulos controlados con un dobre obxectivo: adquirir unha serie de aprendizaxes por medio do descubrimento e desenvolver o máximo potencial das súas habilidades escolares, sociais e intelectuais.Ademais de ter unha disposición que permita aos alumnos desprazarse con total seguridade, ata si utilizan cadeiras de rodas, estes espazos caracterízanse por:. Unha iluminación tenue e sen deslumbramentos ou calquera outra circunstancias que puidese interferir co interior ou provocar a perda de concentración.
Aínda que non fai falta que sexa un habitáculo insoronizado, si que ten que ser unha zona tranquila e libre de ruídos ou molestias sonoras.
A cor debe estar en consonancia coa funcionalidade da aula. Por exemplo, si vai ser utilizada por alumnos con deficiencias visuais, as cores con contrastes poden resultar de gran axuda.
Debe contar con elementos de seguridade pasiva: paredes e columnas acolchadas, conexións eléctricas seguras, ausencia de cantos perigosos, etc.
O obxectivo principal da estimulación multisensorial é o de mellorar as condicións de vida, traballar as sensacións, a percepción e o sensorial que son capacidades básicas do ser humano. Búscase así mellorar a asimilación da información sensorial que se lles ofrece optimizando a súa relación coa contorna e as súas aprendizaxes.
Nun ambiente con estímulos controlados, trabállanse as sensacións tendo, o neno, a liberdade para explorar, descubrir e gozar de diversas experiencias sensoriais. Un paso máis que contribúe á mellora da calidade educativa no centro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136