Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 04 de Mayo de 2018 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Achega de máis de 60.000 euros a Salvaterra do Miño ao abeiro do Plan Concellos 2018

Salvaterra, que dedicará os cartos a acondicionamento dun sendeiro á beira do Miño, ten este ano a súa disposición 1.254.380,11 euros, un 74,54% máis que no 2017

[Img #40863]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha nova achegas para Salvaterra do Miño. En concreto, Carmela Silva sinalou que "Salvaterra recibirá 60.271,50 € para acondicionar o sendeiro polo Miño que une as parroquias de Arantei e Porto".

 

Estes máis de 60.000 euros que recibe Salvaterra do Miño, correspondentes á liña 1 de investimentos, súmanse aos 165.010,80 euros cos que contratou a 22 traballadores ao abeiro da liña 3 de emprego. A presidenta da Deputación de Pontevedra apuntou que "con estas dúas achegas xa recibiu 225.282,3 euros do 1.254.380,11 euros que ten a súa disposición neste 2018, un 74,54% máis que no 2017".

 

Este ano  a Deputación pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.