Provincia
O vindeiro 11 de maio celebrarase a gala de reinauguración do "novo" castelo de Soutomaior
A presidenta provincial destacou "a enorme aposta que estamos a facer, más de 2 millóns de euros a día de hoxe, que serán 4 cando remate o mandato. Demos un xiro de 180 graos"
![[Img #40865]](upload/img/periodico/img_40865.jpg)
O vindeiro 11 de maio, o "novo" castelo de Soutomaior vivirá a súa reapertura e o fará cunha gala de inauguración que será o preludio da apertura ao público, que poderá volver a gozar da súa beleza a partir do día seguinte, o sábado 12 de maio. Así o anunciou Carmela Silva hoxe en rolda de prensa, onde manifestou "o orgullo que sentimos na Deputación de Pontevedra por esta reinauguración." A presidenta da Deputación de Pontevedra explicou que "estamos ultimando a gala da que será unha verdadeira inauguración do novo castelo de Soutomaior, porque pegámoslle unha volta de 180 grados".
A presidenta aproveitou o anuncio para facer un relato do que acontecía antes do cambio no Goberno da Deputación no castelo de Soutomaior, "un recinto que era, e que é, unha marabilla do patrimonio da provincia e que nos atopamos practicamente deixado a súa sorte". Carmela Silva volveu a denunciar que "co PP tratábase dun gran descoñecido para a provincia e moito máis fóra dela, onde non tiña ningún tipo de promoción. Ademais facíase un uso partidario do castelo, que lamentablemente só saía nos medios de comunicación como o escenario para Mariano Rajoy, Feijóo, Louzán e o Partido Popular inaugurando a bombo e platillo o seu curso político. E fixérono nun ben público, chegando incluso a utilizar as murallas e paredes deste BIC para as súas bandeirolas de partido na fachada dun Ben de Interese Cultural, dun lugar protexido por patrimonio!"
Silva ironizou sobre os usos deste castelo por parte do PP, dicindo que "todo era moi público" e engadiu que "tamén servíalles como un "cortijo" particular para, no seu interior, en estado lamentable, organizar algunhas Xuntas de Goberno do presidente Louzán durante os veráns ou para comidas de Nadal do Goberno da Deputación de Pontevedra."
Na rolda de prensa, a presidenta da Deputación de Pontevedra informou do proxecto de musealización, que chega a súa estrea o vindeiro 12 de maio. Carmela Silva sinalou que "con este proxecto investimos 700.000 euros para dotar de contido ao castelo, cheo de historia e rigor pero tamén de vangarda, modernidade e novas tecnoloxías, á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo". Tamén engadiu que "a través da súa musealización, Soutomaior dará a coñecer de xeito interactivo informacións de carácter histórico, moitas inéditas, sobre o castelo e as persoas que alí viviron como Pedro Madruga, Antonio Aguilar e Correa ou María Vinyals. Afondarase na importancia histórica do castelo na paisaxe, no valor da súa localización para o control do territorio, tamén sobre a destrución do castelo por parte dos irmandiños, a fortaleza como centro de poder, a liñaxe dos Soutomaior ou a transformación do castelo nun palacio residencial." A través deste proxecto, o castelo contará con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3d, un videomapping sorprendente no que traballaron 14 persoas e 3 caixas máxicas.
Sobre as demais actuacións levadas a cabo no castelo de Soutomaior, Carmela Silva detallou que "pechamos sen complexos o castelo e os seus xardíns a calquera acto de tipo partidario; procedemos a transformar o castelo nun centro aberto á cultura e ao teatro, destinado ás familias, aos nenos e nenas, como fixo María Vinyals no seu día cando converteu o castelo, que era un recinto defensivo, nun enclave cultural; definimos un plan de usos que determinou a necesidade de orientar este espazo para o turismo familiar realizando actividades como as visitas teatralizadas, que esgotan as entradas nada más saír á venda; devolvemos a dignidade os seus xardíns, de excelencia internacional, coa tala de todos os eucaliptos e a plantación de especies autóctonas como os carballos; creamos tres rutas específicas de sendeirismo para percorrer os arredores do castelo, e integrámolo practicamente en todas as áreas do Goberno".
Tamén informou que "traballamos ata con preto dunha vintena de empresas para acometer importantes melloras, tanto no seu mantemento e conservación, como nas instalacións eléctricas para adaptalas á normativa, xa que desde 1985 non se fixera nada e incluso se incumpría a normativa" e que "con todas estas actuacións abrimos un novo castelo que xa forma parte do prestixioso Club De Turismo de Castillos e Palacios de España e que pasa de ser o gran descoñecido a ser o fío condutor das campañas de Pontevedra Provincia. Este ano convertemos ao castelo no emblema de partida da nosa campaña de promoción turística "Somos historias"".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149