Galicia
A Xunta abre o prazo de solicitude para os campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade
As principais novidades desta edición son o aumento do número de prazas ata chegar ás 170 e a inclusión dunha nova instalación: a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense
A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, abre ata o vindeiro día 30 de maio o prazo de presentación de solicitude de praza para participar nos campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade. Nesta edición ofértanse 170 prazas en tres instalacións de diferentes provincias en quendas de 10 días entre o 1 de xullo e o 12 de setembro. A listaxe de campamentos e os impresos de inscrición están xa dispoñibles no portal da Consellería de Política Social.
A responsable do departamento autonómico de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, destacou que estes campamentos permiten gozar, durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico e seguro. Así mesmo, apuntou que este ano as actividades están dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Unha das novidades con relación á campaña do verán anterior é o incremento en 20 prazas, destinadas principalmente ao tramo de idade entre os 19 e os 40 anos que é onde se detectou unha maior necesidade en función das solicitudes recibidas en pasadas edicións.
Outra mellora que incorpora a campaña de 2018 é que se suma unha nova instalación onde desenvolver os campamentos: a Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense. Así as cousas, os equipamentos nos que terán lugar estas accións de verán específicas para persoas con discapacidade son o albergue xuvenil de Gandarío, emprazado no municipio coruñés de Bergondo e que acollerá a temática de natureza e mar; e as Residencias de Tempo Libre de Panxón, no concello pontevedrés de Nigrán, e a antes sinalada do Carballiño. Nestas dúas últimas infraestruturas os campamentos tratarán sobre actividades de teatro e de natureza.
Requisitos e bonificacións
Os requisitos para participar nestes campamentos son, entre outros, estar empadroado nalgún concello de Galicia, ter unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%, ter unha idade comprendida entre os 11 e 40 anos, non parecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade ou ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
O prezo máximo da praza é de 125 euros, importe que se pode reducir nun 50% se a persoa solicitante ten o título de familia numerosa e nun 25% se está en posesión do Carné Xove. Terán preferencia as persoas que non participasen no programa en anos anteriores e as que residan habitualmente no domicilio familiar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170